Despois do éxito da presentación en Ribadeo do libro Teresa Alvajar. Memorias dunha republicana (Ed: Laiovento, 2012) con Aurora Marco, o Observatorio da Mariña pola Igualdade continúa coas súas actividades. A próxima cita terá lugar o xoves 14 de febreiro ás 20.00h no IES Monte Castelo de Burela para presentar o número 54 da Revista Galega de Educación que publica Nova Escola Galega. O monográfico “Construíndo os afectos desde a escola” será presentando por: Emilio González Legaspi, representante de Nova Escola Galega; Carme Adán Vilamarín, directora do monográfico; África López Souto, colaboradora no monográfico e Inés García Seijo, representante do Observatorio da Mariña pola Igualdade.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



