Mondoñedo, 23 de febreiro de 2013- O Partido Popular de Mondoñedo esíxelle ao goberno municipal maior axilidade a hora de asumir o seu compromiso de dar impulso ao PXOM e garantir desta maneira que a localidade conte cunha ferramenta indispensable, sobre todo no rural. Os populares lembran que o equipo de goberno se comprometera no mes de agosto a someter a pleno a aprobación provincial do PXOM, unha responsabilidade que se viu na obriga de incumprir por un erro claro do bipartito que non solicitou en tempo e forma a tramitación de avaliación ambiental estratéxica, un requisito indispensable.
Dada esta situación, o alcalde mindoniense que contaba no seu poder co Plan dende o ano 2010, atrasou o sometemento a aprobación provisional do PXOM e tras unha proposta do Grupo Popular local, remitiu con data 3 de outubro de 2012 á Xunta de Galicia un oficio no que solicitaba a declaración de inviabilidade de sometemento do Plan Xeral de Ordenación Municipal ao procedemento de avaliación ambiental.
Os populares agradecen a dilixencia coa que está a colaborar a Administración autonómica para que o PXOM sexa unha realidade en Mondoñedo, así como a axilidade coa que responderon ao escrito remitido polo bipartito. A Xunta de Galicia tras estudar a documentación aportada do Plan requiriron ao concello, a través dun escrito con data 5 de novembro de 2012, e que entra no consistorio o 19 de decembro, a documentación completa do Plan, unha vez integradas todas as consideracións expostas pola administración autonómica, para que o órgano competente da Xunta de Galicia emita o correspondente informe favorable sobre a súa correcta integración.
Dous meses despois de recibir este requirimento, o bipartito local segue sen dar resposta a Administración autonómica o que pon de manifesto que a “falta de compromiso, de traballo e de planificación evidente” do bipartito están a privar aos veciños de ter o PXOM.
Os populares aseguran que as preocupacións do equipo de goberno distan bastante das preocupacións dos mindonienses e as actitudes que reflicten son mostras claras de tal afirmación. Coñecedores dos problemas que xera a non existencia desta ferramenta indispensable, sobre todo no rural, os populares esíxenlle ao bipartito unha actitude “construtiva e responsable”, evitando que “novos erros e a deixadez de funcións do equipo de goberno ralenticen que o PXOM sexa unha realidade”
Ante este feito, o PP buscar estar ao lado dos veciños e manterá o seu compromiso de información.



















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



