O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, avanzou este sábado que o organismo lucense dará voz á cidadanía para elaborar uns orzamentos participativos, converténdose deste xeito na primeira institución provincial de Galicia e a terceira de toda España en implantar este mecanismo, “co que melloraremos a calidade democrática e transparencia da nosa xestión”. Gómez Besteiro fixo este anuncio durante a firma dun convenio de colaboración no Pazo de San Marcos coa Confederación Galega de Veciños (COGAVE) Rosalía de Castro, un acto no que estiveron presentes os 30 membros da xunta directiva deste colectivo, presidido polo lucense Jesús Vázquez.
“Estamos traballando xa para que este novo instrumento de participación cidadá se aplique nos próximos Orzamentos, os de 2014”, subliñou o Presidente. “Forxaremos unha relación de dobre dirección con tódolos lucenses: por un lado, coñecemos de primeira man as súas necesidades e facémolos partícipes da xestión provincial, dándolles voz á hora de definir os orzamentos: a folla de ruta dunha administración, na que establece as súas prioridades e obxectivos; e, por outro, explicámoslles para que serve esta institución, que proxectos desenvolvemos e a que destinamos os nosos fondos”, argumentou Besteiro.
Ademais de encontros de traballo, outro dos mecanismos que utilizará a Deputación para recibir as propostas da cidadanía serán os medios tecnolóxicos. “Un dos recursos que usaremos será a nosa páxina web, que, deste xeito, gaña cada vez máis importancia, é cada vez máis interactiva”, sinalou o Presidente.
A de Lugo, Deputación pioneira
A Deputación de Lugo é a primeira galega e a terceira de España –despois de Málaga e Barcelona- que pon en marcha os presupostos participativos. En España, esta experiencia está bastante estendida en Andalucía, Cataluña e País Vasco, pero na zona do noroeste do país apenas existen un par de experiencias. No conxunto de España hai medio centenar de municipios que teñen presupostos participativos, unha tendencia que comezou a implantarse a finais dos 90, tras xurdir en Brasil nos 80.
Un paso máis na transparencia
O Presidente recalcou que, con este instrumento de participación, o Goberno provincial dá un paso máis no obxectivo que se marcou ó entrar na Deputación: “abrir a todos os veciños da provincia esta institución, modernizala, e ser eficaces e transparentes”, un propósito que se notou en tres aspectos, segundo recalcou Besteiro:
– Fisicamente, coa retirada das vallas que había fronte ó Pazo de San San Marcos, a apertura ó público dos xardíns traseiros e a posta en marcha do programa Km0, grazas ó que unhas 40.000 persoas pasaron polo Pazo provincial.
– Nas prioridades políticas: “fomos sensibles ás demandas sociais, saldando débedas históricas da provincia, como a posta en marcha dos parques de bombeiros, o pago do canon hidroeléctrico, a transferencia dos hospitais ou a sede da UNED en Lugo”, explicou Besteiro.
– Na xestión: a Deputación de Lugo está aberta as 24 horas, os 365 días do ano, tras implantarse a Administración Electrónica; este Goberno provincial comezou a dar cumprida conta no Pleno da situación económica financeira da Deputación cada tres meses, e colga esta información na web; informa cada tres meses do prazo no que paga ós provedores; tódolos decretos van a Pleno; e a oposición está en tódalas mesas de contratación, entre outros exemplos.
Convenio con COGAVE
O Presidente da Deputación e o de COGAVE, Jesús Vázquez, asinaron un convenio de colaboración, en virtude do que o organismo provincial lle achega á confederación veciñal unha subvención de 12.000 euros co obxectivo de colaborar nos gastos de funcionamento e do seu programa de actividades durante este 2013.
COGAVE representa a unhas 400 asociacións veciñais de toda Galicia. Delas, 120 son da provincia de Lugo, que, á súa vez, aglutinan a unhas 15.000 persoas.
A confederación está a xogar un papel protagonista en reivindicacións sociais de gran calado: participacións preferentes; taxas xudiciais; abusos das eléctricas; dación en pago nos desafiuzamentos; suba de prezos das escolas infantís e dos servizos de comedor; a dotación de Hemodinámica, Radioterapia e Medicina Nuclear no hospital de Lugo…
En canto ás súas actividades, destaca o programa solidario Entre Veciños, pioneiro en Galicia, que persegue a inserción laboral, a integración dos estranxeiros e a atención a persoas sen recursos económicos. Tamén promoven a recollida selectiva; a eliminación dos vertedoiros incontrolados ou o reforzo da seguridade no rural.
A colaboración con COGAVE responde ó compromiso da Deputación de apoiar e reforzar o movemento asociativo da provincia, como un mecanismo imprescindible para o progreso social, para acadar unha sociedade máis xusta e integradora. Un dos principais instrumentos de colaboración da institución é o Plan de Comunidades Veciñais, dotado este ano con 2 millóns de euros.


















A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistirá este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.



