Dende o Grupo Municipal Socialista de Foz advertimos das consecuencias que terá a área integrada única que o Goberno galego quere aprobar en Lugo, que eliminará a área norte de saúde, que abarca a comarca da Mariña con máis de 72.000 persoas asignadas distribuídas en 14 concellos, e alertamos de que esta medida dálle capacidade por lei á Xunta para eliminar servizos do Hospital da Costa, algo que xa vén sucedendo noutros lugares onde se implantou este sistema, como foi o caso de Ourense. Por outra banda, abre a porta aínda máis á privatización da sanidade e permite os traslados indiscriminados de pacientes a outros hospitais da provincia.
Os concelleiros do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Foz, ao igual que xa se manifestou publicamente por outros representantes do Partido Socialista en Lugo, lamentamos o mutismo e a desinformación da Xunta ante as reiteradas preguntas para que expliquen cales son os seus plans para as áreas sanitarias da provincia, e criticamos unha decisión que parece que xa teñen tomada, coma sempre, de xeito unilateral, ás costas dos cidadáns e abusando da maioría absoluta sen escrúpulos.
Os representantes socialistas do Concello de Foz queremos apoiar ós colectivos e veciños coñecedores da actual situación, na loita polo mantemento da área sanitaria da Mariña e dos servizos do Hospital da Costa.
Debido a iso, ante a decisión do Goberno do PP de implantar unha soa área integrada para que os hospitais dependan de Lugo, que xa parece inminente, os concelleiros do Grupo Socialista de Foz defenderemos no vindeiro Pleno unha moción de urxencia coa finalidade de instar á Xunta de Galicia a manter a área sanitaria da Mariña con todas as competencias e servizos que ten na actualidade, e a frear a perda de calidade asistencial que suporá a xestión integrada.

















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



