RIBADEO ACOLLERÁ O VINDEIRO VENRES UNHA XORNADA INFORMATIVA NA QUE SE PRESENTARÁ O PROGRAMA APROVEITAMENTO FORESTAL SOSTIBLE. ESTÁ DESTINADA, SEGUNDO ANA MARTÍNEZ, A DESEMPREGADOS/AS, EMPRENDEDORES, AGRICULTORES, GANDEIROS E ESTUDANTES.
Ribadeo, 20 de febreiro de 2013. O salón de actos da Casa Sindical de Ribadeo acollerá o vindeiro venres, 22 de febreiro, ás 11:30 da mañá unha xornada de información para a presentación do programa Aproveitamento forestal sostible, segundo informa a Concellaría de Desenvolvemento Local.
A edil Ana Martínez explica que “se trata dunha iniciativa da Deputación de Lugo contemplada dentro do marco de Lugo2 e pola que se pretende impulsar o desenvolvemento económico do sector forestal sostible en Lugo, poñendo en valor este sector e favorecendo a unión dos compoñentes que o integran, facendo fincapé nas fortalezas e oportunidades”.
Nesta iniciativa poden participar desempregados/as, emprendedores, agricultores, gandeiros e estudantes de toda a provincia de Lugo.
Vanse a programar unha serie de interesantes cursos, en toda a Mariña, para desenvolver as competencias necesarias para traballar neste sector, os cursos que se poden solicitar son:
1.- Xestión forestal sostible.
2.- Inventario e avaliación de recursos forestais e do medio natural.
3.- Aplicación práctica da silvicultura para a mellora da xestión forestal.
4.- Certificación forestal.
5.- Caracterización e restauración de ecosistemas.
A concelleira de Desenvolvemento Local cre que “é unha iniciativa atractiva e que lle pode interesar a moitos dos veciños/as de Ribadeo que queiran formarse e acadar unha saída profesional neste sector, polo que os animamos a participar nesta xornada e solicitar o curso que máis lles interese”.
Os interesados poden obter máis información no teléfono: 982 883 103, no seguinte correo electrónico piforestal@deputacionlugo.org, na páxina web www.planintegralforestal.info ou contactando coa Concellaría de Desenvolvemento Local de Ribadeo no 982 128 650.
























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



