A Deputación de Lugo organiza o venres, 15 de marzo, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, a xornada informativa e gratuíta “Retos do sector lácteo na provincia de Lugo”. Profesionais na materia como Roberto García González, Secretario Xeral de Unións Agrarias; José Rodríguez Blanco, Secretario de Organización de Unións Agrarias; Francisco Sineiro García, Enxeñeiro Agrónomo e profesor da Universidade Politécnica Superior; Roman Santalla Agra, gandeiro e expresidente da INLAC; Jacobo Feijoo Lamas, Enxeñeiro de Montes; e José Manuel Delgado, Enxeñeiro Agrónomo e Técnico de desenvolvemento rural; abordarán a nova proposta de reforma da PAC; a contractualización como base para o desenrolo económico das explotacións de leite e dos Concellos rurais lugueses; a importancia da gandería na ordenación do territorio, na configuración da paisaxe e na iteración coa biodiversidade; así como as evidencias, impactos e retos do cambio climático no sector lácteo.
Todos os interesados poderán inscribirse sen custe algún nesta iniciativa a partires do luns, entrando na páxina web www.deputacionlugo.org. A xornada arrincará ás 10:00 horas e prolongarase ata ás 14:30 horas. Ó remate das conferencias e mesas redondas, haberá unha visita guiada ó 1º Centro de Recría de gando vacún público en España que constrúe o organismo provincial na Granxa Gayoso Castro, na que se dará conta das vantaxes económicas para os gandeiros deste revolucionario proxecto. Nas instalacións chairegas, a institución rematou coa construción de 13 naves con capacidade para 3.000 cabezas, que estes profesionais non terán que recriar fóra de Galicia, aforrando miles de custes ó ano.
1.700 explotacións menos na provincia
A institución luguesa impulsa esta xornada co Lug02, o programa medioambiental financiado nun 80% pola Unión Europea, consciente da importancia deste sector para economía da provincia, así como da grave situación que está a padecer. Segundo datos oficiais, Lugo concentra o 40% das explotacións lácteas de Galicia cunhas 5.300 que xeran 10.500 empregos directos. Dende 2009, o incremento dos custe de produción e a diminución no prezo do leite supuxo o peche de 1.700 explotacións luguesas.
Máis xornadas en marzo
Durante este mes, o organismo provincial organizará máis xornadas gratuítas sobre sectores estratéxicos na provincia para favorecer o desenvolvemento económico e o mantemento do emprego en Lugo. A institución dará conta entre os días 19 e 22 das oportunidades económicas do comercio on line para o impulso dos produtos autóctonos, tendo en conta que máis de 13 millóns de persoas en España mercan a través de Internet. O 21 de marzo, a Deputación abordará os beneficios capaces de xerar o sector forestal en Lugo, a provincia de maior riqueza forestal de Galicia, ó concentrar o 35% do total da superficie galega de monte arborado cunhas 500.000 hectáreas. Na Mariña, sitúanse o 30% das empresas luguesas dedicadas ó sector da madeira.






















Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.