Cervo (Lugo), 9 de marzo de 2013.- A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, destacou o aumento da facturación en primeira venda do ourizo, que nos últimos dous anos ascendeu un 14%, acadando no 2012 un valor de máis de 2 millóns de euros. Fíxoo durante a inauguración das XIII Xornadas Técnicas sobre o ourizo enmarcadas na XXII edición da festa que o concello de Cervo dedica a esta especie e nas que tamén participou a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias. A titular de Medio Rural e Mar atribuíu este incremento ás accións de promoción como a desta festa.
A maiores, a conselleira sinalou que nos dous últimos anos a extracción deste equinodermo elevouse nun 11% e que no 2012 se extraeron na nosa comunidade máis de 700.000 quilos. No caso do ourizo vendido da Mariña destacou que nas lonxas mariñás o prezo medio desta especie é máis dun 8% superior ao de Galicia e vinculouno coa “calidade que aporta o ourizo destas costas”.
Neste sentido, Rosa Quintana, incidiu na importancia da certificación do produto e animou ás confrarías e puntos de venda mariñaos á adopción da etiquetaxe do ourizo baixo o selo de calidade PescaDeRías, “porque tedes un produto de primeira, en cualidades produtivas e aptitudes culinarias”, salientou. Nesta liña indicou que “diferenciar un produto no mercado é clave, e apostar por chamar polo seu nome a un ben de calidade recoñecida de facto é fórmula de éxito seguro”.
Durante a súa intervención a titular de Medio Rural e Mar tamén fixo fincapé na importancia da unión entre sector, administración e científicos para levar adiante un plan de recuperación deste produto na costa da Mariña, “un plan de froitos lentos polo ciclo biolóxico da especie, pero estou segura que exitoso en termos de extracción e mesmo de experiencia”. Por último a conselleira dedicou agradecementos ao Concello, á organización, aos hostaleiros, aos colaboradores das xornadas e ao ao sector por seguir traballando.




















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



