Este mércores xúlgase en Lugo aos responsábeis da empresa “Piedra Natural de Muras SL” por promover a canteira “Angelita II” e ocupar a Rede Natura do Xistral. Trala denuncia de ADEGA en 2007, a Fiscalía imputou a dous responsábeis da empresa un delicto contra os recursos naturais e o ambiente, pedindo 5 anos de prisión para cada un e multa de 13.500€. Alén da desfeita no patrimonio natural, este caso exemplifica o escandaloso favoritismo e a conivencia dunha administración (o PP de Fraga) cos infratores: Non só recurtou a Rede Natura do Xistral á medida para acoller esta canteira, fixo a vista gorda cando excedeu dos límites autorizados e ocupou solo protexido, senón que a agasallou con contratos para subministrar pedra á residencia presidencial e á Cidade da Cultura. No banco dos acusados, non están todos os que son…
Os argumentos da denuncia presentada por ADEGA en 2007 eran os mesmos que utilizou a Dirección Xeral de Urbanismo para decretar, xa durante o bipartito, a paralización da actividade desta canteira (DOG de 25/01/2007): Non contar con autorización, nen licenza municipal, e engadindo que nesas datas a explotación tiña xa sobardado a superficie fixada pola DIA invadindo terreos do LIC Serra do Xistral con hábitats prioritarios, que a Directiva 92/43CEE considera en perigo de desaparición.
Mais o escandaloso foi o trato de favor que esta canteira recibíu da administracion Fraga, que lle consentíu a actividade extractiva sen ter sequera concesión mineira, nen declaración de impacto ambiental, nen autorización de augas, nen licenza municipal, o que non foi obstáculo para concederlle contratos públicos de subministro de pedra: Primeiro, para a residencia do Presidente da Xunta do Montepío e despois para a Cidade da Cultura (12.000 m2).
Para constatar este trato de favor, facemos unha cronoloxía dos feitos relacionados:
-A explotación comeza a súa actividade en agosto do 2000, como recoñeceu a mesma administración na DIA (DOG 15/5/2003) sen autorización de ningún tipo nen concesión mineira. A canteira fica incluida ademais na proposta de Rede Natura 2000 (LIC Serra do Xistral) publicada no DOG o 9/11/2009.
-Resolución da D. X. de Industria (DOG 10/12/2001) pola que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental, o proxecto de restauración e o pase a concesión correspondente á explotación da canteira “Angelita frac. II”.
-Orde da Consellería de Meio Ambiente (DOG 18/06/2002) pola que se prorroga por un ano a declaración como espazos naturais das zonas propostas por Galiza para formar parte da Rede Natura 2000. A zona da canteira segue incluída no LIC do Xistral.
-Acordo do Consello da Xunta (30/6/2002), 15 días despois do anterior, que exclúe da proposta galega de Rede Natura 2000 a zona de explotación ocupada por “Angelita frac. II”. Fica deste xeito, un curioso “buraco” na Rede Natura do Xistral pertencente ao concello de Muras e coincidente coa explotación.
-Resolución da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se aproba a DIA da canteira (DOG 15/5/2003).
-Resolución da Dirección Xeral de industria (3/7/2003) pola que se lle outorga á empresa unha concesión de seis cuadrículas mineiras para recursos de seixo e outros da sección C), que ficou nun caixón e non se publicou no DOG até o 7 de febreiro de 2007 !!!
A actividade continuou até ser denunciada por ADEGA en 2007 perante o SEPRONA sendo paralisada pola Xunta xa na etapa do bipartito. Para entón, a explotación xa medrara até penetrar no territorio protexido do LIC do Xistral, incumprindo os condicionados da DIA. O informe realizado polo SEPRONA veu a confirmar todos os aspectos denunciados, dandolles traslado ao Xulgado do Penal. Segundo o SEPRONA, os feitos denunciados podían ser constitutivos de delicto, por a afectar a hábitats en perigo de desaparición e non contar autorización algunha: Nen de Política Territorial, nen de augas, nen licenza municipal, nen tampouco ambiental ao invadir zonas non autorizadas na DIA. A Audiencia Provincial de Lugo decretou en abril de 2009 a paralización cautelar da explotación.
En definitiva, outra ilegalidade máis da que a Xunta de Fraga foi cómplice facendo a vista gorda perante os reiterados incumprimentos desta instalación. E non só iso: Premiou aos seus responsábeis con gorentosos contratos de subministro convertíndose no primeiro cliente da empresa infractora. Agora, no banco dos acusados sentan só unha parte dos responsábeis da desfeita: Os demáis seguen aínda nos despachos ou pasaron xa, deixando para a posteridade un ruinoso monumento á súa prepotencia: A Cidade da Cultura.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



