A aula de música do IES Perdouro de Burela recibe este mércores día 20 a visita de Eva Cajide Pedreira, artisticamente Evinha. Esta moza luguesa de 21 anos é unha das tres representantes da provincia de Lugo que disputan as últimas fases dos Recantos da TVG, un concurso orientado á descuberta de novos valores musicais. Con este encontro musical, a área de Música do Instituto Perdouro pretende ofrecer unha actividade práctica ao alumnado en cuestións como a composición e interpretación musicais. A súa xornada didáctica comezará ás 9:20 da mañá. Posteriormente gravará con Matías Nicieza unha breve colaboración coa iniciativa pedagóxica “Modelo Burela” e, xa en horario de tarde, participará no programa radiofónico Proxecto Neo, onde coincidirá cos alumn@s que participan no seu club de fans, moi especialmente cunha das súas impulsoras, Xeila Villarino Coto.





















A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



