Foz, 15 de marzo de 2013. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, e o de Alfoz, Emilio Lousas, reuníronse esta mañá na Coruña co responsable da Demarcación de Carreteras do Estado en Galicia, Ángel del Río, para solicitar a construción dunha conexión entre a estrada Ferreira do Valadouro-Foz (LU-152) coa futura autovía Barreiros-San Cibrao.
Despois da xuntanza Emilio Lousas explicou que “ao saír publicado o estudo definitivo para a autovía San Cibrao-Barreiros e como o Concello de Alfoz xunto cos de O Valadouro e Foz pedíramos no seu momento mediante acordos plenarios que cando se redactara o proxecto se contemplara a conexión da estrada LU-152, de Ferreira a Foz, con esa autovía, hoxe tratamos este asunto co xefe da Demarcación de Carreteras do Estado en Galicia e así lle expuxemos a necesidade dese enlace porque tanto os concellos de Alfoz e Valadouro como parte do concello de Foz veríanse moi beneficiados con ese enlace”.
O rexedor municipal de Alfoz engadiu que o responsable de Estradas do Estado en Galicia “dixo que efectivamente se vai estudar con toda a boa fe, pero hai que ter en conta que agora hai que aprobar os proxectos parciais para a execución da obra e cando sexa o momento estudarase a posibilidade de facer ese enlace”.
Sobre a reunión de hoxe na Coruña o alcalde de Foz explicou que “cando se redacten os proxectos definitivos poderase tamén falar de pequenas modificacións, como nos dixo hoxe o responsable de Carreteras del Estado en Galicia, con quen estivemos mirando o estudo para a autovía”.
Resposta
Javier Castiñeira aproveitou tamén para responder ás declaracións sobre este asunto realizadas polo concelleiro do BNG en Foz nas últimas horas: “sorprende que, despois de quedar claro que están totalmente desinformados e que o único que pretenden é alarmar aos veciños, volvan sobre o mesmo, porque xa cansa. A disposición de información que ten o Bloque Nacionalista Galego no Concello é clara, si queren pedila aí a teñen igual que a piden doutras cousas, pero tamén poden acceder a ela no Boletín Oficial do Estado ou na páxina web do Ministerio de Fomento, onde están as alegacións, como se resolveron e incluso os planos. O peor de todo isto é que eles o único que pretenden é alarmar e está claro que non hai motivos para iso senón para satisfacerse, porque se aceptaron a maior parte das alegacións presentadas, entre las tamén as do propio BNG, entón non cabe dicir que non se tiveron en conta”.
Polo tanto, o rexedor municipal focense considera que “todos os veciños, sobre todo os de San Martiño, deben estar de noraboa por se afasta o trazado un parte importante, porque se baixa a altura do viaduto e porque se reduce moito o impacto visual e pásase dunha trincheira na ladeira a un túnel. Ese é un esforzo económico importante por parte de Fomento e polo tanto debemos estar de noraboa, igual que os veciños de Vilasindre e os da zona do Carmen porque tamén se corrixe un pouco o trazado para que afecte o menos posible a ese lugar”.
“Nós non vamos poñer trabas a esas infraestruturas, porque estes señores reclaman primeiro que se fagan e despois poñen cambadelas, como están poñendo ao gasoduto, como poñen ás redes eléctricas e en todo en xeral. Ese é o Bloque Nacionalista Galego e como é un discurso completamente insensato con isto rematamos”, manifestou Castiñeira, quen lles di aos veciños que “estean tranquilos porque se aceptaron a maior parte das alegacións”.
O alcalde de Foz considera ademais que “o máis importante agora e loitar porque esa infraestrutura teña no seu momento unha dotación orzamentaria para poder ir redactando os proxectos definitivos”.




















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



