“De aprobarse a xestión única dos centros de Lugo, A Mariña e Monforte”, argumentan os deputados Ramón Vázquez e Eva Solla, “suporá un empeoramento da calidade asistencial da provincia”.
Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2013.- Alternativa Galega de Esquerda (AGE) chama a participar na manifestación que este sábado, 16 de marzo, ás 12.00 horas, percorrerá as rúas de Monforte de Lemos en defensa da sanidade pública e contra as intencións da Xunta de estabelecer a xestión unificada dos hospitais de Lugo, Monforte e A Mariña. “De se consumar este proxecto”, sinala o deputado de AGE, Ramón Vázquez, “a calidade asistencial de toda a poboación da provincia de Lugo empeorará”. Alternativa, a través de Vázquez e da tamén parlamentaria Eva Solla, vén de rexistrar unha proposición non de lei (no documento anexo) no Parlamento en que esixe á Consellaría de Sanidade que paralice o Decreto de Área Sanitaria Integrada e “garanta así a atención axeitada dos habitantes das comarcas implicadas”.
Para AGE, esa unificación anuncia o progresivo desmantelamento dos hospitais de Burela e Monforte e saturación do Lucus Augusti, en Lugo. “A xerencia única provincial implicará o peche de servizos, a perda de especialidades, unha diminución das consultas e o medre das desviacións de pacientes das bisbarras da Mariña e de Lemos cara ao hospital de Lugo”, denuncia Vázquez. Tamén, engade, a xerencia única pivota sobre a atención especializada e fai que a primaria dependa desta. “Fai perigar unha sanidade baseada na prevención e promoción da saúde”, considera. Por iso, Alternativa Galega de Esquerda chama a se manifestar este sábado en Monforte, na marcha convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública.

















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



