Barreiros celebrará o vindeiro domingo, 24 de marzo, o día mundial do teatro cunha multifunción a cargo do grupo A Adala. O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro acollerá a partires das 18:30 horas esta cita, na que haberá teatro, maxia e un monólogo. A Adala representará Apertas de Airio. O Mago Joge será o encargado de ilusionar e sorprender aos asistentes a este espectáculo e Ramón Ángel Ares Eiroa protagonizará un monólogo. Esta multifunción está organizada polo Concellería de Cultura e pola OMIX de Barreiros e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Barreiros celebra o Día Mundial do Teatro cunha multifunción
Barreiros celebra o Día Mundial do Teatro cunha multifunción
Relacionado
-
Obradoiro de tradición oral das mulleres para celebrar o Día das Letras Galegas na UNED de Lugo
-
A Festa das Flores, tamén coñecida como Festa das Fillas de María, vaise celebrar este sábado 17 de maio en Xove, coincidindo co Día das Letras Galegas
-
Celebración das letras galegas na libraría Bahia de Foz