Coincidindo coas celebracións internacionais do Día Internacional da Árbore, 55 alumnos/as de 1º, 2º e 3º de ESO do IES Illa de Sarón asistiron no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove a unha charla-coloquio sobre o “Papel dos bosques e a resposta da cidadanía”. A sesión foi impartida Antonio de María Angulo, enxeñeiro forestal e membro de PFEC España. Antes da charla, os rapaces, acompañados polo poñente, tiveron a oportunidade primeiro de visitar a exposición “Economía verde y desarrollo rural, ¡Aprovechemos nuestros bosques!”, onde Antonio lles comentou de maneira xeral o contido. De seguido, xa no Salón de Actos, tivo lugar a charla, que durou uns 20 minutos, para posteriormente pasar ás preguntas. A charla foi organizada polo Concello de Xove.
