Os alumnos do IES de Foz, Lucía Lema e Pablo Domínguez, participan este xoves no XIV Concurso de Cociña “Xosé Rodríguez-Moldes Rey” de Pontedeume.
Neste concurso no que o IES de Foz leva moitos anos participando participan todos os centros onde se imparten os estudos de Hostalería en Galicia.
Os alumnos teñen unha hora e media para elaborar un prato tradicional, arroz con leite, e outro de creación propia onde o ingrediente principal é o “boliche” de tenreira galega.
O premio consiste en 800 euros en material bibliográfico relacionado co mundo da gastronomía e un trofeo e diploma.
Dende o Departamento de Hostalería do IES de Foz desexámoslles moita sorte.