A mala conivencia da xerarquía da igrexa católica cos avances da ciencia moderna e co paradigma da ilustración, a conivencia cos poderosos, a marxinación das mulleres, os seus intentos de impoñer a súa doutrina teolóxica a unha sociedade plural e democrática son elementos reiterados na súa actuación e inaceptables nunha sociedade democrática.
Ao marxe de como resolve internamente as súas propias contradicións a igrexa, á sociedade en xeral nos debe preocupar a intromisión coa que a igrexa católica ten actuado sobre a sociedade e sobre as decisións políticas dos gobernos.
Agora que se pon en cuestión o modelo saído da transición, por ser un proceso tutelado polos chamados poderes facticos, non debemos esquecer que un deses poderes foi a xerarquía eclesiástica católica, que tivo un papel importante na transición, impedindo un claro estado democrático laico, onde a separación de estado e relixión fora clara e ao contrario se consagrará un estado aconfesional onde a igrexa católica como ‘maioritaria foi tratada con privilexios sociais e económicos consagrados no concordato entre o Reino de España e o Estado Vaticano.
Agora cando cada vez somos máis persoas as que reclamamos un novo proceso constituínte para o século XXI que permita construír unha nova democracia sen os tutelases anteriores e cando reclamamos maior radicalidade democrática, a laicidade debe ser un elemento central para separar definitivamente estado-relixión e sobre todo a influencia, rozando o acoso, que exerce nos comportamentos cívicos e nos valores éticos dunha parte importante da poboación, claros en temas como o dereito ao aborto das mulleres o uno dereito a unha morte digna.
Espazo Ecosocialista aposta por que a laicidade sexa un elemento deste novo proceso constituínte. Laicidade que se concreta en diferentes propostas:
1. Anulación do concordato entre o Estado Vaticano e o Reino de España.
2. Plasmación do caracter laico do estado, e non so aconfesional, no novo proceso constituínte.
3. Nova fase de desamortización que deixe na propiedade e xestión do estado todas as propiedades mobiliarias da igrexa.
4. Eliminación da relixión no ensino de cara ao seu lugar natural: a catequeses nas igrexas.
5. Eliminación da potestade concedida polo goberno de Aznar de que a igrexa poida reclamar como propio calquera finca ou edificio que non estea rexistrado, autoproclamándose a igrexa fedatario público.
6. Eliminación dos cargos eclesiásticos en organismos públicos (exército, hospitais, etc.)
7. Homologación do tratamento fiscal da igrexa como o de calquera outra empresa ou persoa. Eliminación de exencións existentes. Eliminación da casilla da igrexa na declaración do IRPF.
8. Supresión dos medios de comunicación de caracter público do tratamento prioritario a retramisións de misas, procesións ou outros actos liturxicos.
CAMPAÑA CONTRA O X PARA A IGREXA NO IRPF E POR UN ENSINO LAICO
Ademais das iniciativas antes mencionadas Espazo Ecosocialista vai levar adiante diversas actuación públicas para concienciar á cidadanía da inaceptable presenza da igrexa na sociedade e para esixir dos poderes públicos modificacións legais e de practica política que limiten a influencia católica na praxe democrática.
Iniciamos unha semana vacacional que ten ido ensanchándose como período recreativo pero que aínda mantén, polo tratamento que desde os medios de comunicación públicos se lle da, un caracter confesional inaceptable.
Pronto comezará o período de elaboración da declaración do IRPF. Nas próximas semanas aparecera a publicidade para que a xente marque a casilla da igrexa católica sustentadoa no seu compromiso social e na actividade de organizacións asistenciais como Caritas.
Nada máis lonxe da realidade. O 99% do orzamento de Caritas procede de recursos alleos á igrexa, de feito unha parte dos cartos da casilla ‘fins sociais’ da declaración vai dirixido á actividades de ONGs, moitas de orientación católica como a propia Caritas.
Ben polo contrario a xerarquía católica actúa como un parasito social que vive a conta da sociedade (non paga os impostos que pagamos todos) sen aportar nada e formando parte do sistema corrupto que estamos a padecer.
Asemade, a final do curso escolar os pais e nais decidiran sobre as matriculas do novo curso dos seus fillos e fillas. A idea da liberdade de conciencia, así como sobre a educación nos valores de cidadanía, os valores cívicos e democráticos, os dereitos humanos e a súa necesaria educación, aspectos que quedan fora coa nova lei de educación que suprime esta materia por presións claras dos sectores ultraconservadores da xerarquía eclesiástica, son fundamentais na construción dun sociedade verdadeiramente democrática. Neste senso, Espazo Ecosocialista apoia as campañas por unha escola pública laica, relixión fora da escola que Europa Laica está fomentando.
Nese senso Espazo Ecosocialista promovera dúas campañas: Unha en favor da casilla para fines sociais e para que a xente non marque o x da igrexa na declaración da renda, e outra para que a xente non e que non matricule ós seus fillos e fillas na clase de relixión.