Dende o PSdG-PSOE de Burela xa levamos tempo denunciando que ó PP de Burela lle parece que o Concello é o seu rancho e que poden facer ó que lles ven en gana nel. Dende o PSdG-PSOE de Burela entendemos que non pode ser así, e que o Concello é a casa de todos e todas as veciñas de Burela, máis aínda en caso de ser un representante dos veciños como é o caso dos concelleiros do PSdG-PSOE ou dos membros da oposición.
Dicimos isto en relación ós feitos que sucederon o pasado día 20 de marzo cando a concelleira do PSdG-PSOE, Remedios López,foi ó Concello a solicitar unha documentación á que ten dereito como concelleira, e se atopa que cando vai a recoller o seu coche aparcado no aparcamento do Concello ten a un policía municipal que a instancias do membro do Partido Popular de Burela, o tristemente famoso Manuel Fernández Valle, lle di que ten que sancionala por aparcar nun sitio non autorizado, ó que a concelleira Remedios López resposta que entende que non debe ser sancionada xa que no mesmo recinto están aparcados coches de outros concelleiros, o do Sr Fernández Valle estaba aparcado xusto ó lado. De tódolos xeitos, a concelleira acepta que se lle impoña a sanción sempre que lle indiquen a ordenanza que impide o uso do aparcamento do Concello ós concelleiros e en caso de que así fose, indica que tamén se debe de sancionar ó resto de concelleiros que teñen o coche alí aparcado,entre eles o do Sr Fernández Valle. Despois de preguntar por este asunto no Pleno Ordinario celebrado o día 21 e que non se tivera a decencia política de explicar ó Pleno e ós veciños o sucedido,o PSdG-PSOE de Burela quere manifestar o máis profundo malestar pola situación que tivo que vivir a nosa concelleira, Remedios López, entendendo estes actos máis propios de outras épocas onde a persecución política estaba á orde do día.
Entendemos que estas situacións merecen unha explicación, e débese de explicar ós veciños e veciñas polos responsables deste tipo de actos como se chama a un policía municipal e se lle fai deixar o servizo que estaba a efectuar nun colexio para este tipo de accións totalmente censurables e faltas de toda lóxica. Non imos a consentir que se intente amedrentar a ninguén por razóns políticas e menos aínda ós nosos concelleiros, e reiterar unha vez máis que non nos van a calar e imos a seguir facendo oposición tal e como nos mandataron os veciños e veciñas de Burela despois das eleccións municipais, pese a quen lle pese, non imos a facer deixadez de funcións, como fai o equipo de “desgoberno” do PP de Burela, nestes momentos nos que o noso pobo está a ser “desgobernado” polo peor goberno municipal da historia de Burela.
Pedimos explicacións ó Sr Fernández Valle sobre estes feitos, e fraco favor lles está facer ós veciños e veciñas de Burela adicándose a perseguir ós membros da oposición en lugar de buscar obras e inversións para Burela. Canto máis tempo pase sen que este señor abandone as súas funcións no Concello de Burela peor vai a ser para a vida dos veciños e veciñas xa que demostra unha falla de traballo, un aproveitamento do seu posto, unha falla de democracia e saber estar realmente preocupantes.



















Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



