Un grupo de 27 rapaces e tres profesores procedentes da localidade de Janzé, na Bretaña francesa, visitaron o 18 de marzo as instalacións da Fundación TIC. Os estudantes están en Burela con motivo dun intercambio de estudos co IES Perdouro de Burela dentro dun convenio de 2 anos de duración chamado “A nosa ecocidade, como ser un cidadano verde”. Estarán en Burela 10 días e ademais de coñecer a Escola de Imaxe e Son, único centro educativo da provincia que imparte ensinanzas de formación profesional da familia audiovisual, os estudantes participaron na grabación do “Ticodiario”, un programa informativo realizado e editado polos alumnos da Escola e Imaxe de Son de Lugo.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



