Entre os programas que presentan Os Aventados para o presente 2013, hai un puntual, que se irá desenvolvendo ó longo do exercicio, e que ten como obxectivo a mobilización da “conciencia social fronte á inxustiza”. Tal programa recibe o nome de “Memoria histórica” e será presentando na asemblea de Os Aventados o próximo sábado 30 de marzo en San Cibrao. Para inicialo, lévase a cabe unha exposición de litografías propias da Memoria histórica do pasado século XX. Litografías sobre a FAI. Unha organización, descrida dos representantes do pobo, incluso dos sindiciais, que nace en España en 1927. Trátase de 26 debuxos, minimalistas, que se expoñen desde o pasado día 15 de marzo entre o Pub Brunos e Cafetería Boa Vista en San Cibrao. Permanecerá ata o 31 de abril e despois derivarase a outros lugares de A Mariña.
Exposición de litografías Os Aventados
Exposición de litografías Os Aventados
Relacionado
-
Marisol Morales, a gañadora da viaxe a México, sorteado por Acisa no marco do pasado Ribadeo Indiano, goza estes días do seu premio
-
A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o uso da voz na divulgación científica e no liderado profesional
-
Esta fin de semana a Bolera Municipal de Sumoas, Xove, acollerá unha cita deportiva de máximo nivel: o Campionato de España Feminino Iberdrola, nas modalidades individual e por parellas