Cervo, 25 de marzo de 2013-O director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, e a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, inauguraron este luns a Estación Depuradora de Augas Residuais de Cervo nun acto no que estivo presente o alcalde, Alfonso Villares, a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso e demais membros do goberno local, así como técnicos de Augas de Galicia e da empresa construtora. Villares, Menéndez e Arias foron os encargados de descubrir a placa, un xesto co que se deu por inaugurada oficialmente a instalación.
O rexedor cervense aproveitou a inauguración e a presenza dos representantes do Goberno galego para “agradecer á Xunta de Galicia que promovese e financiase esta obra tan importante para o núcleo de Cervo e que fai posible a mellora da prestación dun servizo público tan importante como é o saneamento”.
A este respecto cabe lembrar que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a través do organismo autónomo Augas de Galicia, investiu máis de 1,3 millóns de euros no proxecto de saneamento de Cervo, que incluíu a construción da nova Edar e a instalación de colectores xerais, así como varias melloras na rede de Figuerido. Un importe que financiou ao 100% o organismo autónomo. Ditas instalacións levan funcionando xa dende o ano pasado e dando servizo á veciñanza da localidade.
Durante o acto, enxeñeiros de Augas de Galicia explicaron aos asistentes as características da obra e as súas peculiaridades ao tratarse, no caso da Edar, dun método pioneiro de depuración. Neste sentido o propio mandatario cervense quixo destacar “a calidade e a eficiencia deste equipamento hidráulico impulsado por Augas de Galicia” referíndose ao sistema de depuración ecolóxica da Edar, que funciona a través dun filtro de plantas acuáticas en flotación. Unhas plantas macrofitas que absorben os elementos contaminantes que quedan na auga despois do pretratamento.
“Un método sostible, que contribúe a aforrar enerxía e que permite que a auga que se verte ao río Xunco cumpra os niveis esixidos polas directivas comunitarias e dea resultados óptimos de depuración” explica Villares. En canto á capacidade desta depuradora, está proxectada para unha poboación de 1.500 persoas, polo que se pensou nun posible crecemento demográfico e tamén en dar resposta ao incremento da poboación que se rexistran nas épocas festivas e de vacacións.
En canto aos colectores xerais de saneamento, instaláronse máis de 1.000 metros de tubaxes independentes para a recollida de augas pluviais e outros 1.000 metros para residuais. Deste xeito, a auga que se recolle da chuvia discorre por unha canalización mentres a auga procedente dos fogares discorre por outra. “Esta separación ten o obxectivo de minimizar o risco de inundacións que se veñen producindo nos últimos anos” engade Villares.
Máis de 3,1 millóns en saneamento
Ao mesmo tempo, o rexedor quixo lembrar que nestes momentos continúan executándose as obras de construción do emisario submarino da depuradora de San Cibrao, cun orzamento de 1,8 millóns de euros que financia ao completo o Goberno autonómico. Este equipamento de saneamento é moi necesario e del está pendente a posta en marcha da Edar de San Cibrao. “Só con estas dúas obras queda máis que clara a implicación e o compromiso da Xunta de Galicia cos servizos básicos e fundamentais de Cervo e nos que, en total, inviste máis de 3,1 millóns de euros”. O director de Augas de Galicia anunciou hoxe que o emisario estará rematado previsiblemente a mediados de 2013.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



