FRUGA dará cobertura legal aos gandeiros/as aos que se lles deban cartos.
Lugo, 13 de Marzo de 2013. A finais de xaneiro deste mesmo ano, a empresa Alimentos Lácteos (AALL) solicitou un preconcurso de acredores. Deste xeito confirmábase o que a FRUGA presaxiaba: “AALL nacía por e para atender aos intereses caciquís e partidistas do Partido Popular”. A Federación Rural Galego explica que a empresa AALL, constituída en decembro de 2009 recoñece perdas de 15 millóns de euros, débeda acumulada nun tempo récord, xa que conta con só tres anos e tres meses de vida, é dicir, AALL acumula perdas de case 400.000 €/mes. Neste tempo, a Xunta de Galicia concedeu a AALL axudas públicas por un importe de 9 millóns de euros o que converte ao presidente Núñez Feijoo en responsábel da situación ruinosa da empresa. Estas débedas de AALL teñen graves consecuencias para o sector produtor: a preto de 1000 produtores/as que entregaban o leite ás cooperativas que forman parte de AALL se lles debe diñeiro polo leite subministrado. Ante esta situación, FRUGA exixe que se depuren responsabilidades, que se realice unha auditoría e que se aclaren a onde foi o diñeiro que se lle deu AALL. Do mesmo xeito, a Xunta de Galicia debe responder políticamente sobre o uso deses 9 millóns de euros de cartos públicos que se lle concederon a AALL.
FRUGA, ante a indefensión que padecen os produtores/as, pon a disposición dos afectados/as que así o queiran, o seu equipo xurídico para a presentación de reclamacións polos cartos debedados. Do mesmo xeito, a propia FRUGA está valorando a posibilidade de presentar unha demanda ante os indicios de mala praxe que se deducen dos resultados económicos de AALL.
Desde FRUGA fan responsábel da situación actual á Xunta de Galicia: “cando Pascual cesou a actividade na planta de Outeiro de Rei puido terse aproveitado a oportunidade para sentar as bases do tan necesario Grupo Lácteo Gelego e, en lugar diso, debido ás manobras da Xunta, e despois de ter gastasdo 9 millóns de euros en cartos públicos, atopámonos cunha empresa cun burato de 15 millóns de euros con e con débedas contraídas cos/coas gandeiros/as que lles subministraban leite”. Por todo iso, a Federación Rural Galega, anuncia unha serie de mobilizacións ante a situación na que hoxe se ven abocados case un milleiro de labregos/as galegos/as.


















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



