“Hai algúns interrogantes que convén aclarar, sobre todo pola transparencia e por fomentar a participación, que é o que desexamos todos os socialistas galegos”, afirma o candidato á secretaría xeral do PSdeG
O secretario xeral do PSdeG-PSOE en Lugo e candidato á secretaría xeral do partido en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, respostou esta mañá sobre a fórmula acordada para a consulta previa ao Congreso. “Agardo que o secretario xeral explique ese acordo á militancia. Hai algúns interrogantes que convén aclarar, sobre todo pola transparencia e por fomentar a participación, que é o que desexamos todos os sociaistas galegos”, afirmou.
Asimesmo, indicou que cando isto suceda trasladará a súa opinión no partido. “Cando teña algo que dicir o direi nos órganos do partido, pero en todo caso eu espero esa explicación, que estou seguro que se vai facer a través da Executiva Nacional Galega. Como saben son moi respetuoso coas formas, e cando teño que valorar un procedemento fágoo nos órganos do partido, e esa é a miña máxima”, asegurou.
Gómez Besteiro insistiu en que a fórmula “non se trata de que guste ou non guste”, senón que “os acordos aos que se chega hai que explicalos e nese sentido o máis importante neste proceso é a transparencia e fomentar a participación”. Neste sentido, o socialista destacou: “Nese proceso é no que vou estar hoxe en Santiago, nas principais capitais de Galicia e tamén nas comarcas, coa idea de sumar, que é o máis importante que necesitamos os socialistas, e sobre todo falar de futuro, que é o que os socialistas e a sociedade galega espera”. Preguntado pola posibilidade de que haxa máis candidatos para optar á secretaría xeral do PSdeG, indicou que “isto é un xogo democrático, por tanto pódese presentar un, dous, catro, cinco ou dez”.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



