O Concello informou hai uns días de que estaba a traballar en Xove un equipo de riego da Deputación de Lugo, o cal lle foi concedido. Este equipo realizou, e está a realizar, unha serie de traballos en distintos viais municipais, arranxándoos e rexenerándoos.
Estas obras están feitas en colaboración entre a Deputación de Lugo e o Concello. O ente provincial facilitou o equipo de riego (maquinaria), materiais e persoal, e o Concello, pola súa banda, tamén colaborou con medios materiais e humanos.
Debido a estes traballos, o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado polo alcalde Demetrio Salgueiro, realizaron o pasado luns unha visita “in situ” a estas obras para comprobar o alcance e estado das mesmas.
Asemade, falaron do arranxo dos viais de titularidade da Deputación, que en xeral atópanse no Concello de Xove en bastante mal estado. Por parte do Concello quedouse en realizar un estudio do estado dos viais da Deputación no termo municipal de Xove, aportando información do estado do firme do propio vial, densidade de tráfico, etc., co fin de establecer un orde de prioridades para o arranxo dos mesmos. Pola súa parte, o presidente da Deputación comprometeuse a estudar o informe que envíe o Concello, e mirar de que forma se pode abordar o antes posible a mellora dos citados viais de titularidade provincial.
Por último, por parte do alcalde quérese agradecer á Deputación Provincial de Lugo esta colaboración para mellora das vías de comunicación de Xove.