Ribadeo 15 de marzo de 2013.- Logo de ser coñecedor esta mañá, a través dos medios de comunicación, de que o Señor Suárez Barcia ameaza con convocar unha manifestación senón se repara un firme da A-8, Jesús López Penabad asegura que “o que sucede en Ribadeo, non acontece en ningún concello de Galicia posto que nos atopamos ante unha corporación municipal (un rexedor e uns edís) adicada a saír a rúa, encabezar pancartas e barricadas e deixar no olvido ao concello”.
O popular insta a Fernando Suárez Barcia a que dea explicacións das negociacións que fixo ao respecto, posto que sospeita de que nada fixo e o que está a facer é a “vender fume” como fai sempre.
Afirma López Penabad que os ribadenses están a pagar por un Goberno municipal despreocupado totalmente dos seus problemas e centrado, única e exclusivamente, na rúa e en encabezar manifestacións e barricadas.