Burela, 15 de marzo de 2013.- O Partido Popular da Mariña saíu ao paso das críticas efectuadas pola plataforma sanitaria en relación coa licitación do proxecto que permitirá a ampliación do Hospital da Costa esixíndolle a este colectivo que deixen traballar aos que se esforzan por facer algo positivo pola comarca e desistan da súa actitude de manipular e confundir á cidadanía.
“O que non pode ser é que esta plataforma pseupolítica un día diga unha cousa e ao día seguinte a súa contraria. Unha mañá montan unha manifestación reclamando a ampliación do Hospital e, ao día seguinte, critican á Xunta porque inicia os trámites que permitirán facer posible esta ampliación. Que se aclaren e deixen de enganar”
O Partido Popular comarcal defende que a ampliación do Hospital da Costa, que se inicia no día de hoxe coa publicación no Diario Oficial de Galicia da licitación do seu Plan Director, blinda a continuidade do centro e das súas consultas e ademais permite que este gañe en novas especialidades como poden ser quimioterapia e cirurxía vascular, entre outras.
Os populares consideran “indecente” que os veciños da Mariña se vexan sometidos a un intento de “engano masivo” por esta plataforma “que leva os catro últimos anos alertando dun falso peche do hospital, cuxa realidade todo o mundo pode comprobar que non é certa”. Desde o PP atribúen –“se ningún tipo de dúbidas”- esta actitude á manipulación e instrumentalización política da Plataforma Sanitaria, liderada por responsables comarcais do PSOE e do BNG cuxo único obxectivo é desgastar ao PP aínda con clamorosas mentiras.

















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



