Os representantes do PSdeG-PSOE na comarca reclaman que a Xunta manteña “unha área sanitaria autónoma e con orzamento independente” e deixe de “sembrar a confusión entre os veciños”.
Os socialistas critican que Feijóo queira manter “o engano” coa “cortina de fume” da ampliación do Hospital de Burela, e lembran que o PSdeG presentou en xaneiro unha emenda aos Orzamentos para meter unha partida de 2 millóns de euros para a ampliación do hospital que foi rexeitada
Os representantes do PSdeG-PSOE dos concellos e da comarca da Mariña reuníronse esta mañá diante do Hospital de Burela para denunciar o “engano” da Xunta coa eliminación da área sanitaria. “Queremos que manteñan unha área sanitaria autónoma e cun orzamento independente e que confirmen se isto vai ser así; todo o demáis son xogos de palabras e un intento de sembrar a confusión entre os veciños”, critica o coordinador comarcal e deputado autonómico, José Ramón Val.
O socialista lamenta que o PP pretenda agora poñer “unha cortina de fume” coa suposta ampliación do Hospital de Burela “e que crean que con esa maniobra a xente vai esquecer o que hai detrás de todo isto, que non é nin máis nin menos que a eliminación da área e que pase a depender de Lugo, cos graves trastornos que isto suporá para os veciños, e que abre a porta á eliminación de servizos e á privatización progresiva da sanidade”.
Val destaca que onte “primeiro Feijóo no Consello da Xunta, e despois os deputados do PP cunha rolda de prensa, trataron de anunciar ao grande a ampliación do hospital, cando o único que están a licitar é o inicio da redacción dun documento de ampliación que, por certo, xa estaba en marcha co bipartito e eles pararon, polo que están a tirar todo o traballo anterior e a prolongar un proxecto no que non fixeron nada en catro anos”, explica. “Agora que ven a mobilización cidadá e de golpe lémbranse desta promesa, pero a única realidade é que nos orzamentos do Goberno galego para este ano só hai dúas partidas de 50.000 e 36.800 euros que non chegan nin para empezar”, destaca.
Emenda dos socialistas aos orzamentos de 2 millóns de euros
José Ramón Val recorda, asimesmo, que o PSdeG presentou en xaneiro unha emenda aos Orzamentos da Xunta para dotar o Hospital de Burela dunha partida de 2.000.000 de euros, que foi rexeitada polo PP. “Agora que non veñan facéndonos crer que apostan pola ampliación, porque a xente xa está farta de promesas incumpridas, de tomaduras de pelo e da irresponsabilidade deste Goberno”, censura o socialista. Hoxe mesmo, o PSdeG defende unha proposición non de lei no Parlamento para o mantemento das áreas sanitarias de Burela e Monforte.




















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



