Os representantes de Aturmar, de momento, fan unha valoración moi positiva sobre a súa presenza na feira turística de ITB e Berlín 2013. O feito máis destacado é a realización de multitude de contactos, non só co mercado alemán, senón co mercado turístico de Xeorxia, Bulgaria, Francia, Portugal e Turquía. A asociación sinala que pese a que o gran hándicap de Galicia segue sendo as conexións internacionais aeroportuarias, despertaron un gran interese e que esperan se traduza na realidade na visita de turistas deses países nos próximos meses.
Este é o segundo ano que participar Aturmar nesta cita e pódese dicir que cada vez aprenden máis cousas para mellorar a súa presenza na ITB de Berlín. “Lo que tenemos que hacer es empezar a trabajar en la próxima ITB de Berlín, 2014. El haber estado presentes en esta feria durante dos años te permite abrir otras puertas que te ayudan a llevar a cabo distintas acciones y posibilidades de negocio”, afirma o presidente de Aturmar, Manuel Vicente.
Outra dos puntos da xornada foi a reunión coa responsable de Turespaña en Berlín, con María Jesús Monsalve, co fin de poder determinar e definir a súa presencia na ITB de Berlín 2014.
O presidente da Asociación de Turismo Rural da Mariña continúa a súa valoración coas seguintes declaracións: “Lo que es lamentable que una vez más es que la Mariña Lucense tenga una proyección turística y en en caso, internacional con el esfuerzo de unos empresarios, algo que sorprendía en nuestras interlocuciones con empresarios de otras zonas de España, donde la acción se hace con la ayuda/colaboración de la administración. La verdad es que esperamos que sean coherentes y estas acciones sean al final reconocidas y al mismo tiempo ayudadas. España está como está y hay que buscar mercados, donde en principio, partimos desde el mismo punto de partida que el resto de otros destinos y enfocados a mercados que todavía se lo pueden permitir”.























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



