Cervo, 14 de marzo de 2013-O Concello de Cervo informou hoxe da súa intención de que o edificio municipal que ata o de agora estaba ocupado polo FOREM, situado fronte á Casa consistorial, se siga destinando a desenvolver accións formativas “especialmente nun momento coma este, no que a adquisición de novos coñecementos e a especialización son a base para a inserción laboral” explica o alcalde de Cervo, Alfonso Villares. O rexedor anunciou que hai entidades que xa se puxeron en contacto coa administración local para interesarse por estas instalacións e pola posibilidade de impartir cursos formativos nelas.
O Concello, tal e como explica o mandatario cervense, considera que este edificio “conta con espazos moi axeitados para impartir cursos”, tal e como viña facendo a Fundación Formación e Emprego de Galicia (FOREM), dependente de CCOO, dende hai máis de 15 anos. “A experiencia formativa desenvolvida durante todos estes anos foi moi proveitosa e neste centro ofrecéronse cursos de distintas áreas laborais que deberían ter continuidade para seguir ofrecendo un servizo público tan relevante como a formación” engade Villares.
O rexedor fixo estas declaracións nun día no que os responsables do FOREM achegáronse ata Cervo para facer entrega das chaves do edificio despois de que no mes de xaneiro anunciaran que ían pechar o centro e ían deixar de impartir accións formativas. Naquel momento comezaran a recoller o mobiliario e o equipamento que foran adquirindo ao longo dos anos e que era da súa propiedade. Agora, unha vez finalizadas as mudanzas, o Concello recibe de novo as instalacións municipais que foran cedidas ao FOREM durante máis de tres lustros. Un acto de recepción ao que asistiron o rexedor, os edís Pilar Armada e José Ramón Soto, a directora de FOREM Galicia, María Estalote e outros responsables da fundación.
O primeiro edil asegurou que o edificio se atopa en perfectas condicións de conservación e que “dispón de amplos e aproveitables espazos que permiten o desenvolvemento de accións formativas de diferentes áreas laborais” e ao mesmo tempo destacou a existencia de tres plantas, con catro aulas, despachos e salas de reunión e unha nave externa onde se impartían os talleres de soldadura e electricidade.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



