O instituto Vilar Ponte de Viveiro está a participar neste plan de froita fresca nos centros educativos que ten por obxectivo potenciar o consumo destes produtos pola xuventude, tentando mellorar deste xeito os seus hábitos alimentarios. O plan está impulsado pola Unión Europea, e o está a desenrolar a Xunta de Galicia a través do Fondo Galego de Garantía Agraria. Durante a semana, no recreo, no IES Vilar Ponte vénse de distribuír entre o alumnado de 1º e 2º da ESO distintos tipos de froita fresca cada día: plátanos, mazás, mandarinas, fresas e peras. Esta actuación está a ter moi boa acollida entre o alumnado do centro.
