O novo plan de emprego da Deputación, Fórmate en Verde, conta xa cun milleiro de inscritos, o que demostra a gran aceptación desta iniciativa entre os veciños da provincia, coa que o organismo lugués xerará emprego e fixará poboación no rural. Dado o gran volume de persoas anotadas, as primeiras accións formativas, que poden ser presenciais, a distancia ou mixtas, arrancarán a finais deste mes de marzo. De calquera xeito, os interesados aínda poden inscribirse, para o que deben entrar na páxina web www.deputacionlugo.org escoller a actividade na que queren formarse, cubrir o formulario correspondente e envialo dende a propia web. Cada persoa só pode solicitar un curso de cada sector ofertado: gandería e agricultura ecolóxica, e xestión forestal sostible.
Os participantes neste programa, cofinanciado nun 80% por fondos europeos a través do Lug02, recibirán, de maneira totalmente gratuíta, formación, prácticas reais nunha explotación consolidada e asesoramento técnico especializado para crear, reconverter ou diversificar empresas vinculadas á produción ecolóxica e sostible. A formación descentralizouse en función do peso específico de cada rama obxecto do plan nas comarcas lucenses. Deste xeito, a vinculada á xestión forestal impartirase na Mariña; as de gandería ecolóxica terán lugar na zona centro da provincia, e as de agricultura ecolóxica, na Zona Sur.
Desta oportunidade de futuro poden beneficiarse desempregados, emprendedores, mozos, agricultores, gandeiros e estudantes de toda a provincia, excepto os censados no Concello de Lugo, pois son destinatarios doutros programas europeos.
Xornadas informativas
De xeito paralelo, ó longo deste mes de marzo, a Deputación levará por toda a provincia xornadas e talleres para informar de primeira man ós veciños sobre o plan Fórmate en Verde. Deste xeito, pretende facilitar o acceso á información acerca deste proxecto, e que se beneficien del o máximo número de persoas. Deste xeito, hoxe tiveron lugar xornadas informativas en Guitiriz e O Corgo; mañá mércores celebraranse en Carballedo e Pol; o xoves 7, en Castroverde; o 8, en Friol; o 12 de marzo, en Sarria; e o 27, en Castro de Rei. Tamén se ofrecerá información nas feiras MOEXMU de Muimenta; na Feira Degustación da Tenreira Galega de Láncara; na Feira do Ano de Paradela; na Festa da Primavera do Páramo, ou no Concurso Nacional de Rubia Galega do Corgo.
Formación, práctica e asesoramento
O plan de emprego Fórmate en Verte, con un ano de duración, ten tres eixos:
– Formación: que poderá ser presencial, a distancia ou mixta, e impartirase entre os meses de marzo e outubro.
– Visitas prácticas a empresas xa consolidadas dos sectores agropecuario e forestal.
– E, posteriormente, asesoramento técnico especializado a tódolos participantes para crear empresas no rural vinculadas ós sectores gandeiro, agrícola e forestal. As persoas que queiran reconverter a súa explotación, diversificar a súa actividade ou ben poñer en marcha unha nova empresa, contarán con asesoramento continuo e especializado, dende a mesma concepción da idea, ata a súa saída ó mercado. Terán ademais á súa disposición unha canle de comercialización: a plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com da Deputación que conta hoxe con 80 empresas e 400 produtos e servizos.





















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).