A Sala Castelao de Lugo celebra esta fin de semana dous novos concertos da súa programación semanal. O venres, día 29, actuará Foxy Freire, a partir da medianoite. Este grupo está formado por músicos de contrastada experiencia dentro da escena jazzística nacional. Foxy Freire exprésase no puro rock dos 70 mesturado cun son actual. O sábado á mesma hora actuará Amalgamic Alchemy, banda de rock alternativo formada por catro adolescentes de Lugo que están pegando forte nos escenarios galegos. A entrada a cada un dos concertos terá un prezo de 5 euros.
O rock, protagonista na Sala Castelao
O rock, protagonista na Sala Castelao
Relacionado
-
O deputado de Rural e Mocidade achegouse este sábado a feira do libro de Ribadeo “Letras no campo” que conta coa participación do Servizo de Publicacións da Vicepresidencia da Deputación de Lugo
-
O Castro de Viladonga (Castro de Rei), dependente da Xunta, foi este venres escenario do nomeamento de Abraham Cupeiro como socio de honra da agrupación lucense de recreación histórica ‘Vindicta’
-
Presentación en Vilalba de “Comida para gatos e outras delicatessen indixestas”, de Luz Darriba