A asociación cultural “Os Aventados” dará a coñecer o venres 22 de marzo a partir das cinco da tarde no Salón de Actos do Complexo Regalxunqueira os galardoados cos premios ‘Árdelle o eixo’, ‘Árdelle o carro’, ‘A toda unha vida’ e á calidade dos establecementos de hostalería.
Os Aventados instauraron fai media ducia de anos estes premios baixo a argumentación de que “ninguén pode dicir que non vivimos nunca terra onde se rende culto aos mortos, o simple feito de morrer xa e suficiente para que aqueles que durante a vida che negaron o pan e a sinal se poñan ipso facto a votar salvas e banaglorias do finado. De vivo nada de nada, de morto a gloria e a posteridade”. E exemplo máis flagrante témolo co día das Letras Galegas; xa que o homenaxeado ten que estar morto e ben morto pois hasta dez anos despois de finado, cando os vermes deron boa conta das súas carnes non se lle pode dedicar o día das Letras Galegas. Os tempos están cambiando que dicía o Dylan e é hora que nesta terra se empece a falar ben dos vivos mentres están vivos. Desa forma daráselles un pulo para que sigan a facer cousas pola súa terra. Despois de morto peras ao burro, de vivo e cando se pode axudar”.
Fai seis anos instauraron uns premios anuais co nome de ARDELLE O EIXO para aquela persoa, animal ou cousa do norte galego que se distinguiran pola súa labor social, política, artística, deportiva, industrial, medioambiental e de conservación do patrimonio.
Tamén, ó mesmo tempo se crean outros premios co nome de ARDELLE O CARRO dedicados a aquela persoa, animal ou cousa do norte galego que se distinguirán o cavo do ano pola súa nefasta xestión no ámbito social, político, artístico, deportivo, industrial, medioambiental e de conservación do patrimonio.
Os premios serán en ámbolos casos unhas esculturas de cerámica do compañeiro en argalladas Otero Regal, pero non levaran consigo ningunha gratificación económica nin lucrativa.
E posteriormente, fai dous anos, créanse os premios A TODA UNHA VIDA, dedicados a unha persoa pola súa traxectoria profesional, social, vital e persoal.
E un dos distintivos con “A” (de Aventados) DE CALIDADE, a hoteleiros, hostaleiros e restauración da Mariña de Lugo.
En anos pasados foron premiados, Díaz Pardo, Ramón Pernas, Jesús López (ex alcalde de Xove), Carlos Novo Cal, Jesús Fernández, Restaurante Boavista, Restaurante O Asador, Restaurante de Cordido, entre outros.
E no aspecto negativo os premiados foron: a masiva plantación de eucaliptos, os tránsfugas políticos, a destrución do patrimonio histórico e monumental, o alcalde de Barreiros, por permitir a destrución urbanística no seu Concello, a Urdangarín, como símbolo da corrupción, entre outros.
Os premios serán de carácter anual, e para outorgalos todos os socios de OS AVENTADOS poderán propoñer as persoas que creen merecentes dos mesmos. Con esas propostas un xurado nomeado pola xunta directiva escollerá os galardoados que serán convidados a unha comida na que se lles entregará o premio.