O pasado sábado 16 DE MARZO tivo lugar na Bolera do Centro Social de Sumoas a Xª COPA DE BOLOS “CONCELLO DE XOVE”, competición coa que a Concellería de Deportes do Concello puxo punto final a temporada 2012-2013 de bolos. Despois disto, haberá que esperar ata o mes de outubro deste ano para comezar unha nova temporada. Esta competición tería que haberse desenvolvido na bolera do Centro Social de Lago; pero o mal estado do campo, agravado polos últimos temporais de auga, fixo que a competición se trasladase a nova bolera de Sumoas; o traslado foi todo un acerto, xa que estivo chovendo durante toda a tarde, e recordamos que a bolera de Sumoas é cuberta, polo que se desenvolveu a competición sen maiores contratempos.
Esta Copa ten que ver tamén coa Liga recentemente finalizada, dado que se aproveitan os resultados da Liga para facer as parellas participantes. A Copa, a diferencia da Liga, xógase por parellas, tal como se facía de xeito tradicional.
En total disputaron a copa 20 xogadores na categoría senior masculina e 12 xogadoras/es na categoría senior feminina/sub 18, dado que nesta última categoría participan conxuntamente xogadores/as das ligas Sub 18 e Senior Feminina.
O cadro final de vencedores desta Xª COPA DE BOLOS, quedou da seguinte maneira:
Xª COPA DE BOLOS – CATEGORÍA SENIOR MASCULINA
CAMPIÓNS: parella formada por JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ E ADÁN RODRÍGUEZ ROCA.
SUBCAMPIÓNS: parella formada por SÓCRATES CAMPO SUÁREZ E LUIS RANCAÑO BOUSO.
TERCEIROS: parella formada por FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ E AUUSTO ALBO OCAMPO.
Excelente torneo o realizado por José Rafael González, quen así se desquita do sinsabor do final da Liga pasada, onde non puido conseguir o campionato, tendo que conformarse co segundo escalón. Rafa estivo moi ben acompañado por Adán Rodríguez Roca, a súa parella tamén neste mesmo torneo o pasado ano, no cal por certo xa foron terceiros.
Xª COPA DE BOLOS – CATEGORÍA LIGA SENIOR FEMENINA/LIGA SUB 168
CAMPIOAS: parella formada por CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ E LARA RODRÍGUEZ BAÑO.
SUBCAMPIOAS: parella formada por PAULA CAMPO SUÁREZ E LEONOR CASABELLA RODRÍGUEZ
TERCEIRAS: parella formada por DOLORES BAÑO FRAGA E RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO
Nesta categoría mixta, Concepción Piñeiro, 4ª na Liga Senior Feminina, realizou un esplendo torneo, moi ben acompañada cunha das grandes promesas do bolo femenino no noso Concello, como é Lara Rodríguez, quen con só 11 anos xa mostra unhas moi boas maneiras. Na segunda posición, Paula Campo acompañada por unha veterana Leonor Casabella, avoa por certo de Lara, realizaron tamén un excelente torneo. Na terceira posición salientar a Dolores Baño (nai de Lara), acompañada polo xovencísima Raquel Cociña. O detalle, tal como describimos, estivo en que neste podium houbo en cada peldaño do mesmo unha persoa da mesma familia pero distinta xeneración: Lara (neta), Leonor (avoa) e Dolores (nai).
Tódos eles recibiron trofeos de mans do Alcalde Demetrio Salgueiro e da Concelleira de Deportes Cristina Iglesias.





















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
