Unha alumna do IES de Foz, Fátima Coello Mariña, participará no Campionato Nacional Illy de Baristas que se celebra en Madrid o día 5 de marzo. A este campionato asisten todas os centros de hostalería do noroeste de España. Hai tres semifinais, esta é unha delas. No caso de clasificarse irá a Barcelona á final. Durante o concurso terá que elaborar 2 expresos e 2 capuchinos, ademais de regular o molinillo do café en 10 minutos.
