Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2013.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que “catro anos despois do 1 de marzo de 2009 seguimos sendo o fiel reflexo da maioría porque o noso maior compromiso é Galicia”, ao que engadiu que, “mentres os partidos da oposición seguen tentando atopar as súas ideas e os seus líderes”.
En calquera caso, apuntou que “por máis que gañemos eleccións non poderemos dicir que acadamos a nosa vitoria ata que Galicia poida saír desta situación” ao que engadiu que “antes dun mesmo está o partido. Pero antes que o partido está o país e están os cidadáns. Para iso estamos aquí”.
Para o líder popular a coalición cos galegos “é o noso camiño” para acadar a saída a crise, pois, segundo referiu, “non gobernamos para gañar eleccións e manternos, senón para que Galicia e España teñan futuro, para que sigamos sendo fortes, e para que Galicia e España amosen bos números nas enquisas”.
Así, indicou que “a responsabilidade, os esforzos e os sacrificios merecen a pena. Galicia e España volverán a estar onde merecen os cidadáns, custe o que custe a este partido”. Algo que o partido non fará para que os cidadáns “poidan aplaudirnos coas súas mans, senón para que coas súas mans poidan volver traballar”.
Por último indicou que “mentres hai outros partidos que se miran no espello dos antisistema, no de Bildu ou en distintos espellos en cada comunidade autónoma nós só nos miramos en Galicia e por iso Galicia se recoñece en nós e nas nosas políticas”.
A POLÍTICA, MÁIS NECESARIA QUE NUNCA
Durante a súa intervención no auditorio da Casa da Cultura de Burela no marco da clausura do XVI Congreso do PP de Lugo, Feijóo apuntou que nun momento de dificultades como o que estamos a atravesar “a xente necesita da política máis que nunca”.
De feito, afirmou comprender que é “frustrante” escoitar a “aqueles que agravaron a crise económica”, “aos que endebedaron España”, “aos que quebraron os servizos públicos” ou “aos que miraban para outro lado mentres se emitían preferentes sen control” cuestionar as decisións que se adoptan para afrontar a situación actual.
Por iso indicou que “imos seguir traballando, controlando as contas, apostando por mellorar os servizos públicos e apoiando e non utilizando aos que sofren as consecuencias do descontrol económico e a inacción”.
Engadiu comprender que “hai situacións que abochornan a calquera político honesto, pero o noso compromiso é Galicia e por Galicia temos que seguir ao seu carón cunha política coa que se sintan identificados e que responda aos seus intereses”. Neste senso, o popular apuntou que “canto máis se denosta a política por culpa de aqueles que non son capaces de estar a altura, máis temos que esforzarnos por facer política de verdade”.
Por último afirmou que “ante calquera tentación de tirar a toalla hai unha razón superior que nos empuxa a seguir adiante, que é cada galega e cada galego que necesita do noso apoio”.
LOITAR E SAÍR DA CRISE
Feijóo resaltou a “capacidade dos galegos e as galegas” e afirmou que “Galicia está loitando e sairá máis forte desta crise se estamos unidos e non desaproveitamos a valía da nosa xente con disputas que non benefician a ninguén”.
Segundo o popular, a loita contra a crise líbrase en diferentes frontes. Así, da loita contra o déficit “sairemos cunhas contas públicas máis fortes contra as adversidades”. De feito, indicou que “a nosa terra é xa referente de solvencia dende 2009 e volverao a ser”.
Do mesmo xeito fixo referencia aos servizos públicos e ás prestacións sociais. De feito, resaltou que “Galicia sairá desta crise con 10.000 prazas públicas de servizos sociais, 5.000 na pasada lexislatura e outras tantas nesta”.
En referencia á Sanidade, di que o Goberno que máis se comprometeu coa mellora dos hospitais públicos en Galicia é o actual, e de xeito concreto renovou o seu compromiso coa sanidade pública na Mariña. “Cumpriremos o compromiso de blindar os servizos sanitarios na Mariña e cumpriremos o compromiso de ampliar o hospital público de Burela”, sentenciou, e anunciou que a Xunta ten previsto licitar o proxecto construtivo para ampliar este centro sanitario este mesmo mes de marzo.
Ademais resaltou a loita que está a librar o Goberno galego contra as dificultades dos emprendedores, que “non é en van, xa que os indicadores económicos que coñecemos esta semana –evolución do PIB e do Índice de Política Industrial- amosan un mellor comportamento que a media nacional”.
RECOÑECEMENTO A BARREIRO
O presidente dos populares galegos aproveitou a ocasión para facer un recoñecemento ao recen elixido novamente presidente do PP de Lugo, Xosé Manuel Barreiro, de quen salientou “responde continuamente á chamada do PP”, algo polo que, segundo expresou Feijóo, “merece o respaldo que lle estamos dando e a confianza para seguir sendo Presidente do PP de Lugo”.
Así, indicou que a súa reelección é “unha boa noticia” para o PP de Lugo e para o PP de Galicia e, ademais, “xusto non só polo que traballaches, senón polo que seguirás traballando no futuro”.
Do mesmo xeito, o presidente afirmou en alusión a Barreiro que “hai xa máis de seis anos que decidimos traballar xuntos pola renovación do partido en Galicia para reeditar os éxitos políticos que o presidente fundador, Manuel Fraga, lograra nesta terra” e “Lugo ten sido clave en todas e cada unha das eleccións ás que nos presentamos” dende entón. “Este é o teu mérito, Xosé Manuel, e o dos militantes que te rodean, da súa implicación, do seu esforzo e do seu compromiso”, aseverou Feijóo.
























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



