O CEIP Gregorio Sanz e o Concello de Ribadeo celebraron xuntos o día forestal mundial. Un grupo de rapaces e rapazas do centro asistiron esta mañá a un taller práctico impartido polo edil de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, “no que lles ensinamos aos alumn@s a conseguir unha árbore a partires da semente e tamén cómo lograr a mesma variedade realizando enxertos”. O concelleiro nacionalista sinalou que “aos nen@s do Gregorio Sanz gustoulles moito esta actividade organizada para celebrar o día forestal mundial”. Será mañá, venres, cando os rapaces e as rapazas do centro planten 15 camelias nos xardíns do colexio e tamén un bidueiro.
