Lugo, 21 de marzo de 2013. O delegado da Área de Cultura e Turismo, o nacionalista Mario Outeiro, xunto ao presidente da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, Paco Villanueva, e o representante da delegación en Lugo de Deportes da Xunta de Galiza, Manolo “Cadramón”, (o concelleiro de Deportes de Lugo, Xosé Manuel Grandío non puido acudir malia que a institución que representa tamén colabora coa celebración desta proba na que o principal patrocinador é a Área de Deportes da Deputación) presentaron esta mañá a 2ª proba do Campionato de España por Autonomías de categorías inferiores de Péntatlon Moderno -1º premio Deputación de Lugo-, que se disputará este sábado 23 de marzo en Lugo. Esta é a segunda proba, dun total de tres clasificatorias para as finais do Campionato de España, xa que a anterior disputouse en Sant Boi o pasado 3 de marzo, onde a selección galega acadou uns notables éxitos.
Desde pola mañá do vindeiro sábado, as categorías inferiores, desde benxamíns a xuvenís, dos países e autonomías do norte do Estado, disputarán as diferentes probas que compoñen este campionato con diferentes distancias e tiradas segundo as categorías: proba combinada de tiro e carreira e natación (a esgrima por decisión técnica non se celebrará en Lugo debido ao excesivo custe que tiña para os deportistas o desprazamento deste material deportivo). A proba combinada de carreira e tiro realizarase na Casa do Deporte da zona de Frigsa e as inmediacións, coa carreira por fóra e o disparo no interior, e a proba de natación disputarase na piscina municipal de Frigsa.
Tal e como destacou Mario Outeiro, “que recaia en Lugo esta proba é unha mostra do bo facer organizativo que a Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno está a desenvolver, á que agardamos que se unan uns bos resultados da nosa representación galega nesta proba que, xunto á catalá, está a demostrar que son os dous países do Estado punteiros nesta disciplina. Neste sentido, o noso atleta lucense máis destacado, Cristóbal Rodríguez, está arestora a disputar unha proba pertencente ao Campionato do Mundo en Río de Xaneiro, onde é o único representante de España. Agardemos que esta proba sexa un éxito e que acuda moita xente a este evento porque repercutirá tamén no turismo e na economía local”.






















Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
