A CIG demanda a convocatoria de máis prazas en todos os corpos e especialidades, nomeadamente en Educación Primaria
A Mariña, 8 de abril de 2013.- A CIG Ensino convoca unha asemblea aberta para informar sobre as oposicións docentes convocadas pola Xunta. A reunión terá lugar o próximo mércores, día 10 deste mes, no local da CIG en Burela, a partir das 18:00 horas.
Para a CIG Ensino a oferta de emprego público realizada pola Consellaría de Educación é raquítica e insuficiente e está pensada para seguir reducindo profesorado, co agravante de que esta oferta non pasou polos órganos de negociación nin se lle deu opción aos sindicatos do ensino a manifestar a súa opinión ou poñer propostas sobre a mesa.
Para a CIG é unha tomadura de pelo que a Consellaría soamente convoque 200 prazas de mestres e mestras cando o ensino en Galiza perdeu nestes tres últimos anos uns 3.000 profesores e profesoras. Ademais, desde que goberna Feijoo, a Consellaría incrementou a xornada de traballo, aumentou as rateos de alumnado por aula, disparou o número de agrupamentos, eliminou 12 centros e 132 unidades nos dous últimos anos, amortizáronse moitas prazas xeradas por xubilación, non se cobren as baixas laborais, rebaixáronse os orzamentos para educación progresivamente e recortáronse axudas para manter a calidade do ensino público como as de bibliotecas, becas, mantemento dos centros, comedores, normalización lingüística, etc.
Por todo isto, a CIG reclama un cambio drástico de rumbo nas políticas educativas da Xunta de Galiza e demanda a convocatoria de oposicións en todos os corpos e especialidades, nomeadamente en Educación Primaria, para crear emprego e manter a calidade dun piar básico da nosa sociedade como é a educación.
A oferta das 22 prazas de inspectores pode dar que pensar
Segundo a CIG Ensino a oferta de prazas de inspección é unha oferta desorbitada dentro da proposta presentada, pois representa o 25% das prazas existentes. Se este criterio se aplicase aos corpos docentes estariamos falando dunha convocatoria de máis de 7.000 prazas. A Consellaría recoñeceu que este número de prazas non obedece á aplicación da taxa de reposición senón ao uso da súa potestade á hora de administrar as prazas que se convocan, polo que realmente esta proposta é moi sospeitosa, como xa manifestou a CIG Ensino na Mesa Sectorial, posto que pódese pensar que estas prazas están reservadas a persoas achegadas ao PP.
Por iso a CIG Ensino reclamou que estas 22 prazas se convocasen para outros corpos docentes onde son moito máis necesarias.
Proba de galego eliminatoria
Finalmente a CIG Ensino propuxo, dado que non vai haber oferta noutras comunidades, que a proba de galego sexa eliminatoria para contrarrestar o efecto chamada que se producirá coa convocatoria na nosa comunidade e para dignificar o noso idioma nos concursos e ofertas públicas.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



