Cervo, 6 de abril de 2013.- Cervo acolle dende esta mañá o X Encontro de Palilleiras de Cervo que se celebra no Pavillón Municipal da Veiga e no que están citados máis de 600 artesáns do encaixe para amosar aos visitantes os seus labores e o seu bo facer cos bolillos. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e mais a delegada da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, asistiron aos actos de inauguración deste encontro que chega á súa décima edición. Entre as dez e media da mañá e a unha da tarde poderanse ver os traballos das palilleiras. No transcurso do encontro tamén se fará entrega aos mozos palilleiros e palilleiras de diplomas acreditativos da asistencia, haberá venda no lugar do encontro e tamén diversos sorteos e actuacións musicais.
A directora de Turismo, Nava Castro, resaltou a importancia deste tipo de eventos para poñer en valor a artesanía galega e incidiu en que a artesanía de Galicia é unha singularidade do noso destino e enriquece a experiencia turística de quen nos visita.
Pola súa parte, a delegada da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias destacou na intervención inaugural que “o traballo maxistral destas palilleiras ten que ser entendido como unha oportunidade para favorecer a economía das familias artesás”. A delegada animou así ás palilleiras a aproveitar as distintas opcións para transformar esta actividade que, na maioría das ocasións se vive como unha afección, nunha oportunidade de negocio.
Neste sentido a delegada insistiu no apoio da Xunta de Galicia para favorecer que as artesás “tezan os seus encaixes con tres fíos: innovar para ser punteiros nos deseños, buscar novos mercados e mellorar as canles de comercialización dos productos”
Días Europeos da Artesanía
A Consellería de Economía e Industria participa na celebración dos Días Europeos da Artesanía con diferentes iniciativas de promoción e formación. Os días 5, 6 e 7 de abril celébrase a segunda edición dos Días Europeos da Artesanía, un evento promovido en España pola Fundación Española para la Innovación de la Artesanía (Fundesarte) e no que a Xunta de Galicia colabora por segundo ano consecutivo, baixo o que terán lugar toda unha serie de actividades relacionadas co sector artesán. Inspirada nas Journées des métiers d’art, desenvolvidas en Francia desde 2002, a convocatoria pretende obter unha participación cada vez máis ampla de países da Unión Europea. Coa incorporación de Portugal e Hungría, nove países tomarán parte este ano na celebración.
A participación nos Días Europeos da Artesanía enmárcase na estratexia de impulso ao sector artesán galego que desenvolve a Consellería de Economía e Industria a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, un apoio que o xoves foi recoñecida nos Premios Nacionais de Artesanía, onde a Fundación resultou gañadora na categoría Promociona para Entidades Públicas.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



