Lugo 6 de abril de 2013.- Expertos e profesionais da pesca analizaron esta mañá a situación dun sector de “gran importancia na provincia e que aglutina as oportunidades de futuro que ofrece o mar”. Así o asegurou o presidente provincial de Novas Xeracións, Daniel Vega, ao referirse ás razóns que motivaron aos mozos da agrupación política xuvenil a organizar un foro de debate que xirara en torno ao sector pesqueiro.
O acto levou por lema “Un Sector, Unha Vida”, en referencia aos dous grandes bloques nos que se dividiu o foro de debate. Por un lado, as experiencias de persoas que, con esforzo, dedicación e valentía – explicou Daniel Vega- empregaron a meirande parte da súa vida ao fomento do sector pesqueiro e á explotación das oportunidades que ofrece o mar.
Baixo a moderación do coordinador do Mar de NNXX da provincia de Lugo, Roberto Fernández Pena; expuxeron as súas vivencias a mariscadora e patroa maior de Vicedo, Faustina Solloso Vale; o propietario da Pescadería Chavinesa, Francisco Javier Lage Cao e o que fora conselleiro de Pesca entre 1990 e 1993, Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos entre 2001 e 2005 e senador dende xuño de 2012, Enrique López Veiga.
Daniel Vega referiuse a estas persoas como exemplos para as futuras xeracións, que teñen neles referentes de traballo e implicación. O mozo popular manifestou a súa admiración polos profesionais do Mar.
A situación actual do sector
O segundo bloque deu a oportunidade de analizar a situación actual do sector pesqueiro da man do capitán de pesca Arrastreros Pino Ladra-Minchos Cuarto, José Pino González; do director adxunto de Porto Celeiro, Eduardo Míguez López e do xefe de Relacións Institucionais da Consellería de Medio Rural e do Mar, Antonio Basanta Fernández.
Segundo explicou Vega, trátase dun sector que ten moito futuro e moito que dicir e no que se está a traballar para sacar as maiores oportunidades que ofrece. Segundo se puxo de manifesto no foro, os máis de 1.720 quilómetros de costa e os 122 portos estatais e autonómicos son un vital foco de riqueza e traballo “que as administracións e o PP están a potenciar”.
Hai futuro no mar
O secretario xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro, encargado de clausurar o acto xunto á Conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, explicou que o mar ten moito futuro e moito que dicir así como “o mellor equipo para aproveitar todas as oportunidades cando superemos a crise”.
Pola súa banda, a Conselleira do Medio Rural e Mar, Rosa Quintana, felicitou a NNXX por organizar un acto relacionado con este sector, o que demostra “a ilusión dos máis novos neste eido e que son conscientes de que é un elemento de futuro”.
Quintana manifestou que se están a facer as cousas ben e que para iso tamén se conta coa participación dos máis mozos do partido.
Un acto que lle permitiu aos máis novos tomar conciencia de que teñen nos profesionais do mar un exemplo de que con ganas nada é imposible”.




















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



