Vivimos tempos onde prolifera a mentira e abunda a confusión froito, en gran medida da vontade dunhas elites económicas insaciables no seu afán depredador. Elites que decidiron rachar hai tempo con todo compromiso social creando unha enorme desigualdade que se expresa nunha brutal concentración da riqueza por unha banda e pola outra, nun profundo deterioro das condicións de vida de amplísimas capas sociais.
Nesta situación e co fin de canalizar o descontento e malestar provocado por tal panorama de desigualdade e descomposición social, estase a crear e magnificar desde grupos de medios de comunicación e políticos afíns ás devanditas elites, unha problemática cultural e identitaria que nada explica da descomposición das clases medias, nin da frustración dunha mocidade que ve como desaparecen as súas expectativas de futuro ou como proliferan milleiros de empregos que non garanten unhas mínimas condicións de vida e que, cunha vivenda polas nubes, impiden toda posibilidade de emancipación. Unha situación, en definitiva, de degradación social como consecuencia dun reparto inxusto da riqueza ideado por un sistema capitalista dominado polas finanzas que só vive para a especulación e o negocio fácil. Un sistema económico que dende o triunfo do neoliberalismo, enriquece sen límites a una poucos a costa de empeorar e degradar as condicións de vida de grandes maiorías sociais. Unha situación, que ademais, se viu moi agravada pola ausencia de control político do proceso de globalización.
Esta é a realidade que pretenden agochar as dereitas extremas e os medios de comunicación afíns aos dirixentes deste capitalismo desbocado, utilizando a maquiavélica estratexia de crear e magnificar problemas culturais e identitarios como é a inmigración, os dereitos das minorías, as cuestións de xénero e moitos outros que están lonxe de ser a causa que explique a gran enfermidade que representan hoxe as desigualdades sociais. Pero parecen ser eficaces sucedáneos para canalizar a indignación e o malestar social provocado polas inxustas políticas neoliberais.
Estamos, polo tanto, diante dun falso relato que ten como misión impedir que amplas capas sociais tomen conciencia das auténticas causas reais da desigualdade e degradación das súas condicións de vida.
Desenmascarar esta maquiavélica estratexia debe ser un dos grandes obxetivos dos medios de comunicación independentes e de todas aquelas institucións que seguen representando con honestidade os intereses da gran maioría social.

















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



