Castiñeira subliña tamén que esta organización sanitaria beneficia especialmente aos pacientes máis vulnerables, ás persoas maiores e aos veciños das parroquias, evitando desprazamentos innecesarios e facilitando unha atención máis rápida nos casos graves
Foz, 7 de maio de 2026. O Partido Popular de Foz votará no pleno de hoxe en contra da proposta presentada pola esquerda para crear un PAC en Foz, ao considerar que o actual modelo sanitario ofrece “máis garantías, máis medios e unha mellor atención” aos veciños do municipio.
O portavoz popular, Javier Castiñeira, destaca que a atención urxente actual, co PAC situado en Burela xunto ao Hospital da Mariña e coa ambulancia medicalizada con base en Foz, permite aos veciños contar cunha cobertura sanitaria “máis completa e segura”.
Ademais, lembra que Foz conta con atención sanitaria no centro de saúde de luns a venres en horario de mañá e tarde, así como os sábados pola mañá, o que, segundo indica, garante unha ampla cobertura asistencial para os veciños.
“O modelo actual funciona e garante unha atención máis eficaz porque as urxencias están ao lado do hospital, con acceso inmediato a probas complementarias como radiografías ou laboratorio, ademais da posibilidade de ingreso directo no caso de ser necesario” explica o voceiro do PP.
Castiñeira subliña tamén que esta organización sanitaria beneficia especialmente aos pacientes máis vulnerables, ás persoas maiores e aos veciños das parroquias, evitando desprazamentos innecesarios e facilitando unha atención máis rápida nos casos graves.
Segundo indica, crear un PAC en Foz suporía “alonxar as urxencias do hospital” e obrigaría en moitos casos aos pacientes a acudir primeiro a Foz e posteriormente trasladarse ao Hospital da Mariña para realizar probas ou ingresar.
“Entendemos que o máis importante é garantir a seguridade dos pacientes e ofrecer a mellor asistencia posible, e iso conséguese co modelo actual”, afirma.
Por iso, o Partido Popular considera que a proposta da esquerda responde “máis a intereses políticos que sanitarios” e reitera que votará en contra no pleno de hoxe ao entender que o actual sistema “beneficia claramente aos veciños de Foz”.





















Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



