Lugo, 17 de abril de 2013. En abril de 2008, a Consellería do Medio Rural (CMR) no goberno bipartito, sacaba unha liña de axudas destinada ao fomento de produción das razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos, en concordancia coas políticas que recomenda a Unión Europea: unha aposta por unha produción de alimentos sans e de calidade.
Deste maneira a CMR e os titulares das explotacións gandeiras asumían durante cinco anos unha serie de compromisos. Por unha banda os gandeiros/as comprometíanse a cumprir medidas relacionadas coa hixiene e a sanidade animal, co correcto mantemento da superficie agraria e coa propia orientación da recría nas granxas, fomentando así as razas autóctonas. Por outra banda, a CMR comprometíase ao pago de 156 € anuais por animal reprodutor.
O Partido Popular, unha vez que asumiu o goberno galego, dado que non podía eliminar estas axudas, comezou un constante recorte dos importes que reciben os labregos/as. Sirva como exemplo a campaña 2011, onde o retallamento chegou de media ao 45% do acordado inicialmente. Pero a cousa non quedou aí, senón que no ano 2012, último dos cinco exercicios do programa, e despois de que os solicitantes xa tiveran cumprido coas súas obrigas, o executivo de Núñez Feijoo decidiu unilateralmente eliminar a anualidade de 2012. Todo parecía indicar que isto ía ser un novo ataque ao rural ao que o PP, por desgraza, estase a converter en todo un experto.
FRUGA, nese intre, iniciou unha campaña en solitario nas principais comarcas afectadas. A mobilización do sector, xunto coa presentación de recursos de reposición por parte de gandeiros/as afectados/as onde se exixía á Consellería do Medio Rural e do Mar que rectificara e que se fixeran efectivos os importes destas axudas, deron resultado e forzaron ao Partido Popular a mudar de opinión.
Con este intento de eliminar unha axuda máis ao sector agrario, semella que o executivo de Núñez Feijoo pretende facer unha “detonación controlada” do sector de vacún. Esta axuda orienta a produción de carne cara dúas potencialidades que envexan noutras zonas produtoras: as nosas razas e os nosos pastos. Desaproveitar as nosas potencialidades, tal e como fai a Xunta, é unha irresponsabilidade: por que renunciar a producir unha carne de excelente calidade dun xeito que en poucas áreas xeográficas se pode facer e así marcar distancias cos nosos competidores dereitos?
Desde FRUGA, primeiramente valoramos positivamente a reacción dos labregos/as afectados/as. Do mesmo xeito, rexeitamos á actuación desta Xunta de Galiza coa súa actitude de “se cola, cola”. De non ser pola presión feita polo sector de vacún de carne, agora contaríase con un recorte máis nunha actividade onde os custos de produción seguen disparados e os prezos da carne seguen estancados desde fai décadas. FRUGA seguirá atenta, e de haber novos intentos de máis recortes ao sector agrario galego, terán a súa resposta.






















Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



