Foz, 4 de abril de 2013. O salón de plenos do Concello de Foz acolleu hoxe a xuntanza entre responsables municipais e representantes do sector madeireiro para buscar solucións aos problemas que ocasiona a explotacións dos montes. Acordouse que as pistas danadas pola retirada de madeira nos montes focense serán reparadas cando mellore o tempo, como explicou o concelleiro de Medio Rural, Pedro Fernández Manín, que foi o promotor da reunión e considera que resultou moi interesante.
“Hoxe tivo lugar a reunión cos madeireiros da zona, que tiñamos pendente de facer, e notouse que pola súa parte poñen todo o interese e desde o Concello somos conscientes de que a madeira é unha das fortes explotacións que temos para saír adiante”, explicou Fernández Manín. Na xuntanza participaron tamén o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, e a técnica de Medio Ambiente Vanesa Iglesias Sánchez. Por parte dos empresarios estiveron o presidente da Asociación de Madereros da Provincia de Lugo, Santiago Montero, e outros membros do colectivo representando ás empresas Hijos de Ramón Rubal, Maderas Míguez, Maderas Patricio, Maderas Celeiro, Maderas Naciente, Tojeiro Vidal e tamén responsables de Ence Energía y Celulosas SA, de Asturias.
O concelleiro de Medio Rural comentou que “a esta reunión estaban tamén invitadas asociacións Promafoz e Promaval. No caso de Promafoz ía estar o seu secretario, que é o señor Sixto, pero por motivos de traballo non puido estar e pediu que se lle remitan todos os acordos que tomáramos na reunión, o que se vai facer tamén con Promaval”.
Manín destacou que na xuntanza “alcanzáronse algúns compromisos, como levar a cabo totalmente o acordo que estaba firmado co Concello de Foz de reparar as pistas por parte dos madeireiros, pero o mal tempo que houbo nos últimos tempos é o motivo que impide que eles leven a cabo eses traballos, toda vez que se se fixeran nestes momentos sería prexudicial para os camiños e as pistas. Tamén quedamos en facer unha nova xuntanza para formar un equipo de traballo todos xuntos e intentar buscar solucións como son crear zonas para poder botar a madeira e así evitar que estea na beira das pistas e incluso encima das cunetas. Isto foi o que se acordou na reunión de hoxe, que foi moi interesante porque Ence, que non figuraba no convenio feito co Concello de Foz, dixo que aceptaba totalmente o que alí acordamos. Entón para nós foi moi interesante esta xuntanza”.
O concelleiro de Medio Rural engadiu que tamén acordaron que “por parte das asociacións eles van avisar a todos os seus membros para que se cumpra este acordo e por parte do Concello faranse uns bandos, que se colocarán nos sitios de costume, para dicir a tódolos veciños cales son os seus cometidos e as súas responsabilidades nestes casos, pero tamén os dos madeireiros e das empresas que explotan os montes, ao igual que as obrigas que ten o Concello con todos os veciños”.
“Pensamos que a industria da madeira hoxe é unha das máis importantes na zona e debemos transixir algo, pero tamén esixir todo aquilo para evitar prexuízos aos nosos veciños”, rematou Fernández Manín.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



