A falta de seis xornadas para finalizar a competición, o Burela Pescados Rubén mantén intactas as súas opcións por conquistar o título da Primeira División RFEF. O conxunto dirixido por Javier Pardeiro depende de si mesmo para lograr o desafío que suscitou ao Atlético de Madrid Navalcarnero, vixente campión e actual líder con 57 puntos. Dous puntos separan ao Burela Pescados Rubén do liderado, desvantaxe que pode desaparecer si as mariñás logran a vitoria ante o Femení Centelles, colista con tres puntos, xa que o equipo colchonero ten xornada de descanso. Vista Alegre acolle o duelo entre galegas e catalás o sábado día 13, a partir das 18.30 horas. A entrada para o encontro é gratuíta, do mesmo xeito que nos duelos pendentes ante o Cidade de Alcorcón, xornada 27, e Atlético de Madrid Navalcarnero, penúltima xornada.
Malia a diferenza clasificatoria, o técnico mariñán quere evitar “calquera atisbo de confianza. Somos favoritas para gañar o encontro, pero como non xoguemos coa concentración e intensidade necesaria pódesenos complicar o partido”. O conxunto catalán visita A Mariña sin coñecer a vitoria no que vai de tempada, circunstancia que “non debe levarnos á relaxación, sería un erro pola nosa banda. Respectamos ao Centelles na mesma medida que aos demais equipos. Disputamos tres puntos igual de valiosos que no resto de xornadas”. Todas as xogadoras están dispoñibles para este duelo no que se homenaxeará aos xogadores laranxas; Cristian García e Noé Cabana, que recentemente conquistaron o Campionato de España Territorial con Galicia, en categoría cadete e infantil respectivamente.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
