Lugo, 12 de abril de 2013.- O secretario xeral do Partido Popular na provincia de Lugo, José Manuel Balseiro, asegurou que empresas e cidadáns poderán seguir realizando, como ata o de agora, absolutamente todos os seus trámites e operacións nas delegacións que a Axencia Tributaria ten en Monforte de Lemos e Foz.
Así o explicou hoxe o dirixente popular logo de reunirse coa portavoz municipal de Monforte e deputada autonómica, Julia Rodríguez e co alcalde de Foz, Javier Castiñeira, nunha xuntanza na que avaliaron todos os datos despois de recabar información anta a Delegación da Axencia Tributaria en Lugo e a Subdelegación do Goberno.
NIN RECORTES, NIN DESPRAZAMENTOS
A reorganización administrativa da Facenda estatal non implicará, na nosa provincia, ningún tipo de recorte na prestación dos servizos que se realizan nestas delegacións comarcais, nin afectará de xeito algún ás unidades de información e asistencia ao contribuínte.
Balseiro tamén aclara que non será necesario desprazarse ata Lugo para realizar os trámites que se viñan facendo en Monforte ou Foz e, en consecuencia, acusou tanto a socialistas como aos nacionalistas de pretender enganar aos lucenses.
“Non hai centralización en Lugo. Nin perda de servizos. Ademais non é que o digamos nós, é que todo o mundo poderá comprobalo se acoden ás delegacións de Monforte ou de Foz. Nelas observarán que poden realizar os seus trámites habituais de presentación de tributos e en relación coa Declaración da RENDA con total normalidade”- dixo Balseiro Orol.
NON HABERÁ TRASLADOS DE FUNCIONARIOS
O dirixente popular tamén explicou que non se vai desprazar a ningún dos funcionarios da Axencia Tributaria que actualmente traballan nas delegacións de Monforte ou de Foz que ademais continuarán percibindo as mesmas retribucións.“Polo que os equipos seguirán a ser os mesmos”.
Balseiro insistiu en que este e outros datos xa foron explicados polo Delegado da Axencia Tributaria en Lugo ao alcalde de Monforte quen, de calquera xeito, continuou faltando á verdade sobre este asunto, atribuíndo á intención do Goberno central unha falsa pretensión de desmantelamento destas delegacións.
Os populares explican finalmente que a reorganización que impulsa a Axencia Tributaria só implica cambios no xeito de desenvolver determinadas tarefas a nivel interno. E que os obxectivos que se buscan tan só son os de acadar unha maior eficiencia, para prestar mellores servizos aos cidadáns e mellorar tamén a eficacia na loita contra a fraude fiscal, nunca diminuír ou recortar servizos.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



