Ribadeo, 30 de abril de 2013. A cubana Jamila Purofilin e os galegos Uxía Senlle e Acadacanto actuarán os días 5 e 18 de maio e 9 de xuño ás sete da tarde no Cine Teatro de Ribadeo dentro do ciclo Músicas Posíbeis, que se inclúe na programación cultural do Concello ribadense.
Na presentación deste ciclo musical a concelleira de Cultura, Mari Luz Álvarez Lastra, explicou que “o proxecto Músicas Posíbeis, que vai ter continuidade no mes de outono, xa o iniciamos co concerto de Pedro Guerra. Nace este proxecto para dar a coñecer música de calidade que é difícil escoitar a veces en moitos lugares polos canles habituais que temos, pero nós consideramos fundamental dala a coñecer, apoiala desde o Concello de Ribadeo, tanto desde a área de Mocidade como de Cultura, para poñer en valor a valía destes artistas que ao mellor non son tan comerciais coma outros nos momentos actuais, pero a calidade artística das súas letras e da súa música é excepcional e non podíamos deixar de apoialos e de que estiveran con nós”.
Mari Luz Álvarez engadiu que “pasou polo auditorio Hernán Naval Pedro Guerra e os seguintes concertos que vamos ter serán noutro espazo, que é o Cine Teatro. Consideramos que polas necesidades técnicas e acústicas pódese facer alí, é un espazo máis céntrico e pretendemos que as actividades estean o máis cerca posible da xente e que este lugar sexa de uso habitual tamén para actividades culturais”.
Este domingo, día 5 de maio, actuará Jamila Purofilin, “que non é a primeira vez que está con nós, xa actuou outras dúas veces en Ribadeo: un día con motivo da Muller Traballadora e outro día o verán pasado ao aire libre no Cantón dos Moreno. É unha persoa excepcional, moi agradecida, moi comprometida co seu facer musical e desde logo moi colaboradora co noso Concello”, comentou a concelleira de Cultura.
A seguinte cita musical vai ser o día 18 de maio, “en torno á celebración do Día das Letras Galegas, ás sete da tarde tamén, e imos contar con Uxía Senlle, que vai presentar o disco Andando a Terra, que é o último traballo musical de Uxía sobre os poemas de Manuel María. É unha idea orixinal que partiu da Fundación Manuel María de Estudos Galegos”, explicou Mari Luz Álvarez, quen engadiu que o ciclo musical “rematarémolo o 9 de xuño, tamén ás sete da tarde, con Acadacanto, que é un grupo que está formado por músicos e vocalistas que formaron parte doutros grupos como Berroguëto, Nordestinas ou Nova Galega de Danza. Trátase de Guadi Galego, Xavier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Luis Romero, que se uniron que van traernos ese día a presentación dos 13 temas que compoñen esta nova edición musical que xa presentaron en lugares como A Coruña ou Santiago con gran éxito de público”.
As entradas para estes concertos poden sacarse con antelación e tamén os propios días das actuacións no Cine Teatro con media hora de antelación. O prezo para a deste domingo é de 5 euros e as outras dúas serán de 8 euros.
Jamila Purofilin agradeceu ao Concello de Ribadeo a invitación para participar no ciclo Músicas Posíbeis, que “va a ser hermoso, ya comenzó a serlo” e comentou que Ribadeo “es una villa que a mí no sólo me recuerda a Cuba sino que en la Península Ibérica es uno de los lugares que más presente tiene a mi isla, a su cultura, a sus imágenes. Está llena de pequeñas joyas arquitectónicas que delatan una presencia indiana, latinoamericana y cubana específicamente muy fuerte. Y eso para mí es motivo de emoción, me gusta mucho venir a cantar, esa vez será la tercera y no sé cómo agradecer esta oportunidad. Tanto que pienso hacer algo que para mí es importante: estrenar canciones durante este concierto, que genéricamente se titula Bolerista en viaje voy a hacer un viaje hacia la Argentina por vía nada menos que de Julio Cortázar, este escritor latinoamericano y universal tan importante. He tenido la posibilidad junto con un músico brasileño, Paulinho Lemos, de musicalizar canciones de Julio Cortázar que vamos a estrenar”.
Ademais no concerto deste domingo Jamila cantará “temas propios que nacieron aquí en Galicia como un bolero inexplicable y sones de toda una vida que gustan tanto aquí en Ribadeo”, anunciou a artista cubana, quen tamén comentou: “me gustaría volver a compartir no solamente los parques, el verdor, esa forma tan nuestra que ustedes han sabido cuidar aquí, sino también los sones, nuestras músicas. Vengo acompañada de un magnífico músico cubano, Willy Mondeja, y con un equipo de trabajo que siempre está muy encantado de volver a la villa de Ribadeo”.
Jamila Purofilin tamén adiantou que fará “un pequeño homenaje a un ribadense, Manuel Rodríguez, que estando en Cuba como emigrante escribió versos preciosos. Así que dejaremos caer, entre sones y boleros, algunas de aquellas cosas de este emigrante y poeta en Cuba. Nuestro propósito es tratar de estar al nivel de los músicos que ustedes han conseguido dentro de este ciclo, con el que están haciendo un esfuerzo muy grande en estos momentos donde hay muchos que tiran la toalla. Ustedes están haciendo un trabajo de promoción importantísimo”. E rematou destacando o nivel dos artistas cos que comparte cartel no ciclo Músicas Posíbeis.
























O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



