O vindeiro luns 8 de abril dará comezo na Academia A Mariña en Burela un curso de benestar animal a partir das sete e media e ata as nove da noite. Dividido en formación xeral, tranporte de animais vivos e persoal de explotacións gandeiras rematará o vindeiro 25 de abril. Por outra banda, as instalacións de Foz acollerán o 15 e o 16 de abril o primeiro curso de cata de gin tonic a cargo de Diego Mosquera, vicepresidente da Asociación Galega de Barmen. Os interesados poden obter máis información e inscribirse no teléfono 982 58 50 98. E xa no mes de maio Academia A Mariña impartirá un curso de atención xeriátrica a distancia (6,1 créditos baremables) que se iniciará o día 6. E o xefe de Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social en Lugo, Nicolás González Raposo, impartirá un curso sobre expedientes de regulación de empleo en Burela, Lugo e Ourense.
Novos cursos na Academia A Mariña para abril e maio
Novos cursos na Academia A Mariña para abril e maio
Relacionado
-
O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este venres xunto ao Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, na inauguración do XXV Encontro Internacional de Torneiros da Madeira
-
Marisol Morales, a gañadora da viaxe a México, sorteado por Acisa no marco do pasado Ribadeo Indiano, goza estes días do seu premio
-
A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o uso da voz na divulgación científica e no liderado profesional