Así o manifestou Javier Castiñeira trala reunión da Comisión de seguimento do Plan Xeral de Ordenación Municipal onde manifestou que agarda que dentro de 2 anos sexa aprobado definitivamente.
Foz, 24 de abril de 2013. O alcalde de Foz, o popular Javier Jorge Castiñeira, prevé que o novo plan xeral de ordenación municipal estea exposto ao público este verán e espera que nun prazo de 2 anos sexa aprobado definitivamente. Na tarde noite de onte reuniuse a comisión de seguimento do PXOM, xuntanza na que o rexedor municipal explicou que o Plan de Ordenación do Litoral (POL) non suporá un obstáculo para o desenvolvemento dos núcleos rurais aos que afecta.
Javier Castiñeira explicou esta mañá o tratado na tarde noite de onte durante a xuntanza da comisión de seguimento do plan xeral de ordenación municipal, que está constituída por unha vintena de persoas, representantes dos grupos de traballo veciñais e responsables políticos, reunión na que informou “dos avances que se están levando a cabo respecto a plan xeral de Foz” e manifestou que “o obxectivo de ter para primeiros do verán un documento en exposición pública sigue adiante”.
O alcalde tamén deu a coñecer que, xunto cos redactores do plan e os técnicos do Concello, mantiveron unha xuntanza cos técnicos do POL “para formular as nosas dúbidas e as nosas solucións con respecto á zona do litoral e os núcleos urbanos que están afectados polo POL e a verdade é que esa reunión foi bastante satisfactoria porque os redactores do Plan do Litoral entenderon perfectamente as inquedanzas do goberno municipal e do equipo redactor do plan xeral e en principio o POL non vai ser ningún impedimento para desenvolver os núcleos rurais, concretamente os máis afectados, que poderían ser Cangas, Nois, Fazouro, Forxán, Vilaronte e propio núcleo urbano de Foz. Eses núcleos rurais no seu momento foron aceptados como zonas exentas do cumprimento do POL e polo tanto o grupo de goberno nese sentido está encantado de que o Plan de Ordenación do Local non sexa ningún obstáculo hoxe en día para sacar adiante eses núcleos rurais. E polo que respecta as zonas do núcleo urbano máis afectadas, que eran as de Tras As Torres e de Fondós, aí queremos desenvolver dous plans parciais, para o que en principio tampouco habería maior impedimento. Son as dúas zonas máis interesantes para a expansión do pobo”.
O rexedor municipal engadiu que “todo isto tratamos de explicarllo aos membros da comisión, que é bastante grande e representativa, e en pouco tempo darase resposta ás alegacións presentadas no seu momento. Os avances son importantes e o obxectivo é tratar de sacar para o próximo verán un documento en exposición ao público, unha vez que o decida o pleno, e a partir de aí os propios veciños poderán velo e presentar as súas alegacións en caso de que non estean de acordo”.
Castiñeira lembrou que o proceso para elaborar un novo plan urbanístico “estaba parado dende o ano 2009 e o que pretende o equipo de goberno, como dixemos sempre, é reactivar o plan xeral e no prazo de máis ou menos 2 anos ter xa o documento aprobado definitivamente. Ese é o obxectivo e para iso está traballando o goberno municipal, que xa fixo a contratación novamente dese plan xeral aos redactores anteriores; retómase en gran parte o documento que había e estase intentando adaptalo ás novas normativas que hai no ano 2013 e, por suposto, unha delas é o Plan do Litoral, que eu creo que podemos solucionar perfectamente”.






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



