Nun acto de grave irresponsabilidade, unha vez máis, os Grupos da oposición dan as costas ás demandas do sector e votan en contra das demandas formuladas pola Federación Galega de Confrarías e as tres federacións provinciais.
Santiago, 24 de abril de 2013.- O Parlamento de Galicia vén de aprobar un acordo, a iniciativa do Grupo Popular, en apoio das propostas das confrarías de pescadores galegas en relación coa futura regulación do novo plan de xestión do Caladoiro Nacional Cantábrico Noroeste.
O voto dos populares fixo posible que a Cámara autonómica sumase a súa voz á dos tripulantes e armadores da flota galega e así prosperase un acordo polo que se lle insta á Xunta a asumir como propias e defender diante do Ministerio de Medio Ambiente as demandas formuladas polo sector, en concreto, as propostas de consenso que asinaron a Federación Galega de Confrarías de Pescadores e as tres federacións de confrarías provincias (as de Lugo, A Coruña e Pontevedra).
O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, lembrou que o Caladoiro Nacional Cantábrico Noroeste aglutina ao 80% dos postos de traballo da flota galega –entorno a 12.000 tripulantes- e agrupa a máis de 4.500 embarcacións con porto base en Galicia. Ambos feitos dan conta das razóns polas que adquire unha especial relevancia calquera tipo de decisión sobre a xestión desta zona de pesca.
Balseiro explicou que as as confrarías galegas veñen de presentar un documento co obxecto de regular de xeito equilibrado e harmónico a actividade das flotas das catro comunidades do Cantábrico, aínda que lembrou que a decisión final dependerá dunha negociación co Ministerio de Medio Ambiente que serán quen aprobe -desde o máximo consenso posible- a Orde que regule o establecemento das medidas que contribúan á xestión destes recursos pesqueiros.
“Temos o deber de xestionar os recursos dispoñibles de xeito que produzan os maiores beneficios posibles, porque o éxito deste tipo de plan será o dos nosos mariñeiros. E temos o deber de facelo escoitando o que o propio sector está a demandar, a sumándonos a estas peticións”-explicou Balseiro.
O voceiro do Mar do Grupo Popular defendeu que o sector pesqueiro necesita vivir todo o ano da súa actividade, polo que é necesario controlar a través dun plan de xestión o máis consensuado posible a oferta e a demanda para poder competir con mellores prezos.
GRAVE IRRESPONSABILIDADE DA OPOSICIÓN
Balseiro lamentou, finalmente que o acordo parlamentario non conte co apoio dos tres partidos da oposición –que incluso chegaron a votar en contra- e sinalou a incoherencia dos discursos dos seus voceiros.
Tamén puxo de relevo o lonxe que están os portavoces da oposición do propio sector cando aseguran sen rubor descoñecer as propostas das confrarías.
O voceiro do Mar do Grupo Popular sinalou que PSOE, AGE e BNG seguen a manter unha posición de profunda intransixencia que lles leva a seguir dando as costas incluso a este tipo de iniciativas que non fan outra cousa que trasladar as demandas do propio sector para a xestión responsable deste caladoiro.


















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



