Burela, 26 de abril de 2013. O equipo de goberno burelés manifestou hoxe que “as explicacións da concelleira socialista Remedios López Villar son propias de alumnos de Educación Infantil, pretendendo facernos tontos a todos e rirse de todos os veciños e veciñas que cumpren coas súas obrigas de forma puntual”.
Segundo o goberno burelés, “esta señora non pediu licenza, ela mesma o recoñece, pero tiña a obriga de pedila. Para que esta señora, endiosada e ególatra, se entere, a LOUGA, a Lei do Solo de Galicia, considera como obras menores, e polo tanto suxeitas a licenza municipal, aquelas obras e instalacións de técnica simple e escasa entidade construtiva, consistindo en pequenas obras de reparación, decoración, ornato, ou cerramento que non precisan proxecto asinado. Queda claro na LOUGA que para calquera actuación, por pequena que sexa, se precisa de licenza de obra, e así o ten manifestado o propio Tribunal Supremo”.
O equipo de goberno burelés tamén engade que “a propia ordenanza municipal sanciona como infracción simple non solicitar a licenza para a realización das obras e como infracción grave a realización de obras sen licenza municipal, como é o caso desta señora. Pois ben, a infracción que puido ter cometido a Sra. López Villar pode sancionarse con multa que vai desde os 300 aos 6.000 euros e en todo caso o dous por cento do valor da obra, sexa este o que sexa, moito ou pouco”.
“É evidente que a Sra. López Villar non cumpre coas súas obrigas como veciña, o que é especialmente grave tendo en conta a súa condición de concelleira. Ademais, foi concelleira do bipartito, e algo se lle tiña que ter quedado, porque non a supoñemos absolutamente ignorante a este respecto”, indican desde o equipo de Goberno burelés.
Para o goberno local, “pode facer obras pequenas ou faraónicas, iso é cousa dela; tamén pode ter os papeis que lle pete, pero fáltalle un, o máis importante, a licenza de obra para o que fixo. Ademais, tan persoal é a reforma no piso da Sra. López Villar coma a obra do Sr. Fernández Valle. Pero hai unha diferencia, o Sr. Valle pagou relixiosamente os seus impostor e a Sra. López Villar escaqueouse e non pagou por algo polo que tiña a obriga de pagar. E iso sí que o deben saber todos os veciños e veciñas de Burela que cumpren puntualmente coas súas obrigas”.
Finalmente, pídenlle a López Villar que deixe de dar espectáculo: “non se dá conta de que está facendo o máis grande dos ridículos… ela saberá a que vén esta obsesión que lle entrou de fustrigar ó Sr. Fdez. Valle, pero desde logo así non se fai oposición”.



















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



